Ulpia Marciana, nada no 48 e finada no 112, foi unha nobre romana, irmá do emperador Traxano.

Viviu en harmonía e amizade con Pompeia Plotina, a esposa do emperador, e ambas recibiron do Senado o título e as honras de Augusta, ó redor de 105.

Casada co senador C. Salonino Matidio, tivo unha filla chamada Matidia, quen á súa vez sería a nai de Sabina, a esposa de Hadriano. Traxano non tivo descendencia e elixiu como sucesor a Hadriano, seguramente tendo en conta, entre outras razóns, estes afastados pero afectivos lazos familiares.

O senador C. Salonino morreu antes da chegada ao trono de Traxano, polo que Marciana viviu sempre xunto á esposa do emperador, Pompeia Plotina. Cando Marciana morreu, no ano 112, o emperador deificouna e o seu título de Augusta pasou á súa filla. Todas as súas moedas foron acuñadas a partir de finais dese ano, é dicir, postumamente. centro|miniatura|Moeda romana co retrato de Upia Marciana.

Categoría:Nobres romanos Categoría:Nados en 48