miniatura|Avelaiona dos Urais A avelaiona dos urais (Strix uralensis) é unha especie da familia das Estríxidas.

Morfoloxía

Ave cun disco facial moi marcado e agrisado. Plumaxe branca con pintas marróns. Salientan os ollos completamente negros e o peteiro amarelo pálido. Trátase dunha especie que tolera a presenza humana. As parellas son monógamas de por vida e non adoitan abandonar o seu territorio.

Reprodución Aproveita os niños abandonados doutras especies ou cría en covas. A posta oscila entre 3 e 4 ovos, sendo chocados unicamente pola femia.

Nutrición Depreda roedores de todo tipo. Tamén aves, ata o tamaño de pombas ou corvos. Esporadicamente tamén caza anfibios e insectos.

Distribución Dende o leste de Escandinavia e Países Bálticos ata o Xapón. Existe unha poboación permanente nos Cárpatos, Albania e na antiga Iugoslavia. Rara no resto de Europa.

Bibliografía

Categoría:Estrixiformes Categoría:Aves de Eurasia