A Villa Savoye é un edificio situado en Poissy, preto de París, construído en 1929 e proxectado por Le Corbusier, un dos arquitectos máis influentes do século XX.
Está considerada como o paradigma da Arquitectura Internacional e do novo xeito de construír vivendas do século XX, xunto coa Casa Farnsworth de Ludwig Mies van der Rohe, a Casa da fervenza de Frank Lloyd Wright e a Vila Mairea de Alvar Aalto. Considérase tamén o paradigma dos Cinco Puntos para unha nova Arquitectura desenvolvidos polo propio Le Corbusier, que consisten en: Edificio que descansa sobre pilotis (columnas) na planta baixa, deixando a superficie na súa maioría libre para permitir que a paisaxe quede autónoma do edificio. Tamén para xerar un espazo de transición entre o edificio e os elementos circundantes. Cuberta plana, sobre a que se sitúa un xardín (para unha completa vida da persoa dentro do edificio). Espazo interior libre, debido á estrutura baseada en piares e tabiques. Decoración a base do cromatismo. Fachada libre de elementos estruturais, de forma que pode deseñarse sen condicionamentos. Ventás corridas nas fachadas para conseguir unha profusa iluminación natural no interior (fenêtre en longeur).
Véxase tamén
Categoría:Arquitectura en París Categoría:Le Corbusier