Jesús Otero Calvo, nado en Podente (Monterroso) o 20 de agosto de 1950, é un político galego.

Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia. Foi profesor de secundaria en Sarria, Mondoñedo, Monterroso e Lugo, e director dos institutos San Rosendo de Mondoñedo, de Monterroso e do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

Militante do PSdeG-PSOE, nas municipais de 1983 encabezou a candidatura socialista en Monterroso e foi elixido concelleiro e portavoz do grupo na oposición, onde se mantivo ata 1987. Volvería á primeira liña política en 1991 encabezando novamente a candidatura do PSdeG en Monterroso, logrando mellorar ata os 5 edís, se ben o PPdeG revalidou a alcaldía por un concelleiro. Volveu selo candidato socialista en 1995 mais tampouco logrou a alcaldía, polo que permaneceu como portavoz municipal ata a fin dese mandato.

Trala vitoria do PSOE nas Eleccións Xerais de 2004 foi nomeado Subdelegado do Goberno en Lugo. Permaneceu no cargo ata que en marzo de 2009 presentou a súa dimisión pola trama das multas na Xefatura Provincial de Tráfico de LugoLa trama de las multas hace dimitir al subdelegado del Gobierno en Lugo. En xullo de 2010 tamén foi imputado na Operación Carioca, do que saíu absolto en decembro de 2019.Otero: "Estiven imputado dez anos por algo que non se sostén" Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura INTA (Independentes Terras do Asma) en Monterroso formada con outras dez persoas que integraran antes candidaturas do PSdeG e do BNGJesús Otero encabezará a lista de Independentes de Monterroso El Progreso, 19/04/2015, e foi elixido alcalde ao obter a maioría absoluta. Finalmente, en xullo de 2015 foi condenado pola Audiencia de Lugo por tráfico de influencias en canto á trama das multasCondenan a Jesús Otero y a Julio González por el caso de retirada de multas NoticiasGalicia, 11/07/2015 .. Tras confirmar o Tribunal Supremo a condena, en outubro de 2016 asinou o seu cesamento como alcalde para cumpri-la condena de inhabilitaciónEl alcalde de Monterroso deja el cargo para cumplir una condena de un año de inhabilitación Faro de Vigo, 05/11/2016 .. Unha vez cumprida a condena, en novembro de 2017 regresou ao concello como asesor do goberno local da súa candidaturaJesús Otero regresa al Concello de Monterroso tras el año de inhabilitación. Permaneceu como asesor ata as municipais de 2019, cando decidiu non concorrer novamente co seu grupo ós comiciosEl alcalde de Monterroso renuncia a presentarse a las elecciones.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Monterroso

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Alcaldes de Monterroso Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Monterroso Categoría:Nados en 1950 Categoría:Subdelegados do goberno en Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes