A peonia[Nome vulgar en galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais; Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009] Paeonia officinalis é unha planta da familia Paeoniaceae. miniatura|240px|Detalle da flor miniatura|240px|Ilustración miniatura|240px|No seu hábitat miniatura|240px-Paeonia officinalis

Descrición Paeonia officinalis é unha planta perenne, herbácea, con rizoma subterráneo leñoso e de até 70 cm de altura (raramente máis alta). Follas grandes, as basais totalmente formadas e pecioladas, 2-3 veces divididas en 17-30 segmentos lanceolados, máis ou menos lobulados, co envés pubescente. Pecíolo coa face superior claramente acanalada. Follas superiores máis miúdas, menos segmentadas até simples. Flores grandes, até 13 cm de largo, en forma de cáliz. Sépalos arqueados, por riba das follas superiores, non caen. 5-10 pétalos vermellos, largamente ovalados, co bordo ondulado. Numerosos estames con filamentos rubios e anteras amarelas. 2-3 carpelos, ata 3–5 cm de longo, con aspecto de la. Na frutificación folículos con varias sementes.

Cultivada en Europa durante cincocentos anos, P. officinalis usouse primeiro con fins medicinais, despois coma ornamental. Many selections are now used in horticulture, though the typical species is uncommon. Paeonia officinalis is still found wild in Europe.

O cultivar 'Rubra Plena' gañou o Award of Garden Merit da Royal Horticultural Society..

Hábitat Bosques, pradeiras, nivel de montaña e bosques de cerquiños.

Distribución Mediterráneo, até a Europa central. Rara en Galicia.

Propiedades Paeonia officinalis contén o principio activo paeonol que se comporta como antiinflamatorio, analxésico, antiácido, antiulceroso e antibacteriano. A paeoniflorina é sedante, hipnótico, antitusivo, lixeiramente espasmolítico, analxésico e anticonvulsivante. Os antocianósidos son responsábeis do efecto venotónico e vasoprotector. Popularmente utilizáronse as flores como laxo-purgante e as sementes coma emético, non sendo recomendábeis ditos usos. Contraindicado coa gravidez (pode ser abortivo), a lactación e a nenos pequenos.

Indicado para ansiedade, taquicardia, tose irritativa, gastrite, úlcera gastroduodenal, varices, hemorroide.

Como curiosidade heráldica, cómpre mencionar que é a flor nacional da China.

Taxonomía Paeonia officinalis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 530. 1753. Etimoloxía Paeonia: nome xenérico en honra de Peon, o médico dos deuses que aparece mencionado na Ilíada e maila Odisea de Homero. Sandou a Ares cando foi ferido por Diomedes durante a guerra de Troia; tamén se menciona unha curación anterior que lle fixo a Hades dunha seta guindada por Heracles en Pilos.En Nomes Botánicos Tamén en Plinio o Vello, libro 25, X, 1, que a recomenda contra «os pesadelos provocados polos Faunos.»Pliny the Elder: the Natural History - liber XXV, X, 29 Pline l'Ancien - Histoire Naturelle, tome 2, livre XXV, X, 1 - Traduction française : É. Littré

officinalis: epíteto latíno que significa "de venda en herbarios". Sinonimia Moutan officinalis (L.) Lindl. & Paxton Paeonia anemoniflora (Hook.) auct. Paeonia barrii Lynch Paeonia baxteri Sabine ex Salm-Dyck Paeonia commutata Wender. Paeonia elegans Sabine ex Salm-Dyck Paeonia feminea (L.) Desf. Paeonia festiva Tausch Paeonia fimbriata (Sabine) B.D.Jacks. Paeonia foemina Mill. Paeonia foemina Garsault Paeonia fulgens Bailly Paeonia fulgida Sabine ex Salm-Dyck Paeonia hirsuta Mill. Paeonia lanceolata Salm-Dyck Paeonia lobata Rchb. Paeonia mollis G.Anderson Paeonia nemoralis Salisb. Paeonia paradoxa var. fimbriata Sabine Paeonia peregrina var. officinalis (L.) Huth Paeonia peregrina f. officinalis (L.) Rouy & Foucaud Paeonia porrigens Rchb. Paeonia promiscua Tausch Paeonia pubens Sims Paeonia rubra Steud. Paeonia sessiliflora Sims Paeonia splendens Bailly Paeonia subternata Salm-Dyck Paeonia versicolor W.H.Baxter en PlantList

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Características das paeoniáceas

Categoría:Paeoniaceae Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Flores