O gecko leopardo (Eublepharis macularius) é unha especie de gecko nocturno e terrestre propio dos desertos do sur de Afganistán, do Paquistán e das zonas noroccidental da India que pertence á familia Gekkonidae. É unha especie practicamente insectívoro e xeralmente de cor amarela e pintas negras, de alí o seu nome, co abdome de cor branca, ten entre 20 e 25 cm, sendo o macho un chisco meirande. A diferenza da maioría de geckos, posúe pálpebras.

Grazas ó feito de ser un animal antrópico, a súa natureza dócil, que non é perigoso para o ser humano e ás súas cores moi vivas, é un dos lagartos máis comúns nas tendas de mascotas. Cada ano, ducias de miles de geckos leopardo son vendidos por todo o mundo. A súa alta demanda provocou a aparición dun gran número de cepas conseguidas por selección artificial. Existen geckos leopardo alaranxados, negros e brancos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Leopard Gecko Wiki - Great resource for Leopard Gecko information Leopard Gecko Care and Information As variedades do gecko leopardo Gekos.es - Eublepharis Atlas - Eublepharis macularius Mantemento Eublepharis Macularius

Categoría:Lagartos Categoría:Animais descritos en 1854