dereita|miniatura|Davide Salvado en 2007 nun espectáculo de cabaré. Davide Salvado, nado en Marín o 24 de xullo de 1981, é un cantante de música tradicional galega.
Traxectoria Ten formación autodidacta, percorrendo a xeografía galega para recoller a música tradicional. No 2004 comezou a formar parte do grupo Ecléctica Ensemble, xunto a Ugia Pedreira, Ramon Pinheiro e Richard Rivera. Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda de Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. É cantante na Banda das Crechas.
Achegouse a xéneros como o cabaré. Canda a Pepa Yáñez formou a compañía Cabaret d'Aquí, coa que levaron a cabo espectáculos como Unha noite no muíño non é nada ou O negro vai con todo, xunto a Nacho Muñoz. No mundo do teatro participou na obra As Dunas, do Centro Dramático Galego, e no musical Dillei de Carlos Blanco.
En 2023 lanzou o trío Permita Deus, a canda Cibrán Seixo (violín) e Antonio Casado (guitarra eléctrica).
Recibiu o premio Martín Códax na categoría de música tradicional galega en 2014 e 2017.
Discografía
Árnica Pura (2011) Rústica (2015) Lobos (2015)
Vida persoal Vive en Liulfe (Palas de Rei).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Davide Salvado", na web de Faro de Vigo, 15 de febreiro de 2013.
Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1981 Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Artistas de cabaré Categoría:Cantantes en lingua galega