San Xurxo de Codeseda é unha parroquia do concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 393 habitantes (216 mulleres e 177 homes), distribuídos en 25 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 628 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 692 persoas.
Patrimonio A igrexa de San Xurxo de Codeseda é de ábsida pentagonal con arquivoltas semicirculares tóricas unida á nave mediante un corpo rectangular limitado polo arco triunfal e outro arco paralelo que marca o arranque da porción semicircular.
No lugar existiu o mosteiro de Augas Santas, anterior a 1164. Ao seu carón está a casa reitoral e un cruceiro.
A capela da Virxe de Guadalupe, edificada cara a 1748, encóntrase no medio dunha carballeira no lugar da Grela.
A capela de San Brais foi fundada por Francisco Gómez no ano 1670 e sitúase no lugar de Monteagudo. Ó seu carón atópase o Pazo de Monteagudo ou Casa de Ballesteros, catalogado no inventario patrimonial de Galicia.
Na parroquia hai tres castros. O castro das Cercas (GA36017018), situado preto das Quintas; o castro de Trocastrello (GA36017038), tamén coñecido como castro de Ribela, castro de Entrecastrelo, castro de Parada ou castro da Eira dos Mouros; o castro do Outeiro Grande, en Marcenlos, citado na bibliografía de Fermín Bouza-Brey.
Na parroquia hai numerosos hórreos e algunha hórrea.
Festas Romaría da Virxe da Grela. Celébrase a primeira fin de semana de setembro en honor á Virxe de Guadalupe.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Codeseda
Parroquias da Estrada
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares da Estrada
Ligazóns externas www.codeseda.com Ruta de senderismo Codeseda - Sabucedo Rapa das Bestas
Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xurxo