A praia de Montalbo é un areal do concello de Sanxenxo, situada na parroquia de Arra.

Situada nun ámbito rural, está limitada, no extremo norte, pola Punta de Montalbo, promontorio e miradoiro natural, e, no extremo sur, pola Punta Paxariñas, menos pronunciada, que separa a praia de Montalbo da de Paxariñas.

Un paseo de madeira comunica polo bordo do mar as praias de Montalbo e Paxariñas.

Ten forma rectilínea, con area branca e fina formando suaves dunas con vexetación dispersa que delimitan a praia do piñeiral próximo que a separa da estrada PO-550. É unha praia aberta, ventosa e con ondada moderada, e dispón de zona de fondeo de embarcacións.

Acceso Dende Sanxenxo, pola estrada C-550 en dirección ao Grove, debe tomarse o desvío á esquerda á praia, ó chegar ó lugar de Montalbo.

miniatura|esquerda

Montalvo