miniatura|250px|P. lascaris mimetizada co fondo. Pegusa lascaris (Risso, 1810) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,Pegusa lascaris (Risso, 1810) no WoRMS, coñecida en galego como areeiro,areeiro, 5ª acep. no dicionario da RAG,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85. linguado areeiro, e acedía.Rodrígues Solórzano et al. (1983), pp. 189-190.Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8, pp. 314-315.
É unha especie moi semellante a P. nasuta, o linguado do mar Exeo, coa que adoito se confunde, e tamén ao linguado común (Solea solea), tanto en aparencia como en costumes, que habita nas costas do Atlántico nororiental e suroriental, até o golfo de Guinea polo sur, e tamén nas do mar Mediterráneo.
Taxonomía A especie foi descrita en 1810 polo naturalista nizardo Giuseppe Antonio Risso, coñecido como Antoine Risso, co nome de Pleuronectes lascaris, na súa obra Ichthyologie de Nice ou histoire naturelle des poissons du département des Alpes-Maritimes, publicada en París.Ichthyologie de Nice, ou, Histoire naturelle des poissons du département des Alpes Maritimes.
Sinónimos Ademais de polo nome orixinario que lle impuxo Risso, a especie coñécese tamén polos sinónimos:
Solea aurantiaca Günther, 1862 Solea auriantiaca Günther, 1862 (incorrecto gramaticalmente) Solea brasiliensis Kaup, 1858 Solea lascaris (Risso, 1810) Solea scriba Valenciennes, 1837 Solea vermeuleni Metzelaar, 1919
Descrición miniatura|250px|P. lascaris foto tomada en Lemnos, Grecia. miniatura|250px|P. lascaris fotografada en Trieste, Italia.
Moi semellante a Pegusa nasuta, é un linguado de até 40 cm de lonxitude,Quéro, J.-C., M. Desoutter & F. Lagardère (1986): "Soleidae", pp. 1308-1324 en P. J. P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen & E. Tortonese, eds. Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean. UNESCO, Paris. Vol. 3.Muus, Bent J. et al (1998), p. 275. aínda que os espécimes capturados non adoitan superar os 30 cm.Quéro, J.-C. (1981): "Soleidae" en W. Fischer, G. Bianchi & W. B. Scott, eds. FAO species identification sheets for fishery purposes. Eastern Central Atlantic; fishing areas 34, 47 (in part). Department of Fisheries and Oceans Canada and FAO. Vol. 4.
As súas principais características morfolóxicas son: O seu corpo é ovalado, co fociño saínte, prolongándose cara a abaixo en forma de gancho. O corpo está cuberto de escamas moi pequenas provistas de curtas espínulas que fan que a pel do animal sexa algo áspera. Os ollos son pequenos e arredondados, o superior en posición máis avanzada que o inferior. A columna vertebral está conformada por de 40 a 48 vértebras. A aleta dorsal está sustentada por de 69 a 87 raios, e a anal por de 53 a 73. A aleta dorsal orixínase en pleno rostro, case á altura do bordo anterior do ollo superior. As aletas dorsal e anal, na súa parte posterior, chegan até a base da aleta caudal. Ambas as aletas pectorais son do mesmo tamaño, exhibindo a do lado pigmentado unha mancha negra, ovalada, na súa porción distal. A rama supratemporal da liña lateral forma un arco. A coloración do seu lado pigmentado é amarelada salferida de pequenos puntos negros. A do lado cego é branca.
Bioloxía Hábitat e distribución É un peixe que habita en augas subtropicais, mariñas e salobres, demersal e oceanódromo, a profundidades de entre os 5 e os 350 m, preferentemente entre os 20 e os 50 m, sobre fondos areosos e lamacentos. nas costas do Atlántico nororiental, desde Dinamarca polo norte, até o norte de Marrocos, polo sur, incluíndo as do mar Mediterráneo, e o mar Negro. A súa presenza está documentada no mar de Azov e no canal de Suez, e a súa área de dispersión no Altántico quizais alcance o golfo de Guinea.Pegusa lascaris (Risso, 1810) en FishBase.
Reprodución Na parte occidental do canal da Mancha a desova prodúcese entre os meses de maio e xullo, e algo máis cedo cara ao sur.
Lonxevidade A idade máxima rexistrada para esta especie foi de 15 anos.Deniel, C. (1990): "Comparative study of growth of flatfishes on the west coast of Brittany". J. Fish Biol. 37 (1): 149-166.
Nutrición A dieta de Pegusa lascaris inclúe unha ampla gama de pequenos invertebrados bentóncios: bivalvos, crustáceos (anfípodos, misidáceos, camaróns, decápodos), e vermes poliquetos.
Pesca
Pegusa nasuta é unha especie de certa importancia comercial, especialmente nas pescarías da parte sur da súa área de distribución.
Captúrase nas áreas de pesca 27, 34, 37 e 41 (Atlántico nordeste, Atlántico centro-leste, Mediterráneo e mar Negro e Atlántico suroeste, respectivamente).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ben-Tuvia, A. (1990): "A taxonomic reappraisal of the Atlanto-Mediterranean soles Solea solea, S. senegalensis and S. lascaris". J. Fish Biol. 36 (6): 947-960. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos
Pleuronectiformes Pleuronectoideos Soleidos Pegusa Pegusa nasuta
Ligazóns externas
Pegusa lascaris na EOL. Con informacións, numeroisas imaxes e mapas de distribución .
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1810 Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Produtos da pesca