Pegusa triophthalma (Bleeker, 1863) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,Pegusa triophthalma (Bleeker, 1863) no WoRMS, coñecida en galego como linguado de tres ollos.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85.

É unha especie de pequeno linguado que habita nas costas da África centro-oriental, desde Mauritania até o golfo de Guinea.

Taxonomía A especie foi descrita en 1863 polo ictiólogo holandés Pieter Bleeker, co nome de Solea triophthalma.

Sinónimos

Ademais de polo nome orixinario que lle impuxo Bleeker, a especie coñécese tamén polos sinónimos: Pegusa triophthalmus (Bleeker, 1863) (incorrecto gramaticalmente) Solea triophthalmus (Bleeker, 1863 (incorrecto gramaticalmente)

Características e bioloxía Pegusa triophthalma é un pequeno linguado de até 30 cm de lonxitude, que vive en augas tropicais, mariñas e salobres, demersal e oceanódromo, nas costas do Atlántico oriental, entre os 21° N e 1° N, desde Mauritania ao golfo de Guinea, non encontrándose ao sur do cabo López, Gabón (que marca os límtite sur do Golfo de Guniea). nin ao norte do Río de Oro.Pegusa triophthalma (Bleeker, 1863) en FishBase.

Habita en fondos de area, de entre os 10 e os 30 m de profundidade, e pode entrar nas lagoas litorais, xa que soporta as augas salobres.

Aliméntase de moluscos e outros invertebrados bentónicos.

Pesca Este pequeno linguado captúrase na súa área de distribución, na zona de pesca 34 (Atlántico centro-leste).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronectoideos Soleidos Pegusa

Ligazóns externas

Pegusa triophthalma na ADW.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1863 Categoría:Produtos da pesca