miniatura|right|300px|Trazado da Vattenfall Cyclassics 2011. A EuroEyes Cyclassics (anteriormente coñecida como HEW Cyclassics ou Vattenfall Cyclassics e tamén denominada Clásica de Hamburgo) é unha clásica ciclista que se disputa en Hambrgo dende o ano 1996.

A lonxitude inicial da proba era de 250 km, pero acortouse progresivamente ata os 216 km. Nas últimas edicións o percorrido volveu contar con case 250 km.

Historia Comezou a disputarse en 1996 co nome de Volta a Hamburgo, pero na súa segunda edición cambiou o seu nome polo patrocinio de HEW. En 1998, a competición comezou a formar parte da Copa do Mundo de Ciclismo substituíndo a Wincanton Classic, unha clásica celebrada en Gran Bretaña no mes de agosto. Dende 2005 formou parte do UCIPro Tour. En 2006, co cambio de nome da empresa patrocinadora, a carreira trocou de novo a súa denominación e reduciu a súa quilometraxe. En 2015, Vatenfall anunciou que non continuaría como patrocinadora principal da carreira. Finalmente, a empresa alemá EuroEyes tomou as rendas para a edición do 2016.

Palmarés Ano Gañador Segundo TerceiroVolta a Hamburgo1996 Rossano Brasi Bert Dietz Steffen ReinHEW Cyclassics1997 Jan Ullrich Wilfried Peeters Jens Heppner1998 Léon van Bon Michele Bartoli Mirko Celestino1999 Mirko Celestino Raphael Schweda Romans Vainsteins2000 Gabriele Missaglia Francesco Casagrande Fabio Baldato2001 Erik Zabel Romans Vainsteins Erik Dekker2002 Johan Museeuw Igor Astrloa Davide Rebellin2003 Paolo Bettini Davide Rebellin Jan Ullrich2004 Stuart O'Grady Paolo Bettini Igor Astrloa2005 Filippo Pozzato Luca Paolini Allan DavisVattenfall Cyclassics2006 Óscar Freire Erik Zabel Filippo Pozzato2007 Alessandro Ballan Óscar Freire Gerald Ciolek2008 Robbie McEwen Mark Renshaw Allan Davis2009 Tyler Farrar Matti Breschel Gerald Ciolek2010 Tyler Farrar Edvald Boasson Hagen André Greipel2011 Edvald Boasson Hagen Gerald Ciolek Borut Bozic2012 Arnaud Démare André Greipel Giacomo Nizzolo2013 John Degenkolb André Greipel Alexander Kristoff2014 Alexander Kristoff Giacomo Nizzolo Simon Gerrans2015 André Greipel Alexander Kristoff Giacomo NizzoloEuroEyes Cyclassics2016 Caleb Ewan John Degenkolb Giacomo Nizzolo2017 Elia Viviani Arnaud Démare Dylan Groenewegen2018 Elia Viviani Arnaud Démare Alexander Kristoff

Palmarés por países País Vitorias 8 4 3 2 2 1 1 1 1

Véxase tamén Outros artigos Clásica

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Clásicas Categoría:Competicións de ciclismo de Alemaña Categoría:Probas do UCI ProTour Categoría:Probas do UCI WorldTour