Microchirus variegatus, (Donovan, 1808) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,Microchirus variegatus (Donovan, 1808) no WoRMS. coñecida en galego como acedía raiada,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85. ou lirpia raiada.Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 191.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na chamada cara pigmentada (ou ocular).

Trátase dun pequeno linguado de até 35 cm de lonxitude máxima (de aí o nome vulgar de acedía), que habita en fondos mariños areosos ou lamacentos de 20 a 400 m de profundidade, no Atlántico nororiental, desde as illas Británicas até o norte de Mauritania, e no mar Mediterráneo.Microchirus variegatus (Risso, 1810) na FishBase.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita por primeira vez en 1808 polo zoólogo irlandés Edward Donovan, baixo o nome de Pleuronectes variegatus.

Sinónimos Ao longo do tempo foi coñecida, ademais de polo nome orixinario de Donovan e polo actualmente válido, polos sinónimos seguintes:

Microchirus (Microchirus) variegatus (Donovan, 1808) Monochirus lingula Costa, 1848 Pleuronectes fasciatus Nardo, 1824 Pleuronectes mangili Risso, 1810 Pleuronectes microchirus Delaroche, 1809 Solea variegata (Donovan, 1808)

Etimoloxía O nome específico, variegatus, é a forma masculina do adxectivo do latín científico variegatus, -a,-um, tirado de variegātus, participio pasado de variegāre, "pintar de varias cores".variegado, -da no DRAE. Literalmente, "de diversas cores", "multicolor".

Características É moi semellante, na forma do corpo, ao linguado común do que se diferencia, ademais de polo seu menor tamaño, polas seguintes características:Mas Ferrà et al. (2000), pp. 269-270.

O corpo é relativamente longo, ovalado e deprimido. A liña lateral móstrase na cara ocular ou pigmentada, e é recta. A cabeza é pequena. O ollos encóntranse no lado dereito; o superior está situado en posición máis adiantada ca o inferior. O fociño é arredondado, e a boca, que se encontra nunha posición algo ínfera, é pequena e oblicua. Os dentes son pequenos. O preopérculo non é visíbel (está cuberto poa pel). Tanto a aleta dorsal como a anal son bastante longas. A aleta pectoral do lado pigmentado é un pouco máis grosa que a do lado cego A coloración do lado pigmentado é amarela agrisada, con cinco bandas transversais escuras, que aparecen tamén nas aletas. A do lado cego é branca.

O seu tamaño máximo é de 35 cm,Muus, B. J. & J. G. Nielsen (1999). Sea fish. Scandinavian Fishing Year Book, Hedehusene, Denmark. aínda que os espécimes capturados roldan os 14 cm.Bauchot, M.-L. (1987): "Poissons osseux", pp. 891-1421, en W. Fischer, M. L. Bauchot & M. Schneider, eds. Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37, Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Rome.

Hábitat e distribución

É unha especie mariña, demersal, oceanódroma que habita en mares subtropicais, en fondos areosos e lamacentos, no Atlántico nororiental, entre os 60° N e os 15° N, e entre os 18° W e os 36° E, en augas das costas das illas Británicas, polo norte, até Mauritania (na baía de Nuadibú, ou du Lévrier, ao leste do cabo Branco), polo sur, e no mar Mediterráneo.

Bioloxía Nutrición Microchirus variegatus aliméntas duna ampla gama de pequenos organismos bentónicos, principalmente crustáceos (anfípodos e camaróns), vermes poliquetos e moluscos bivalvos.Muust, Bent J. et al. (1998):, p. 274.Quéro, J.-C., M. Desoutter & F. Lagardère (1986): "Soleidae", pp. 1308-1324, en P. J. P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen & E. Tortonese, eds. Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean. UNESCO, Paris. Vol. 3.

Reprodución A desova prodúcese no Canal da Mancha no mes de abril, e no Mediterráneo máis cedo, en febreiro.

Pesca e usos Microchirus variegatus é obxecto de pesca comercial, aínda que de non moita importacia, capturándose con artes de arrastre, nas zonas de pesca 27, 34 e 37 (nordeste do Atlántico, Atlántico centro-leste e Mediterráneo e mar Negro, respectivamente).

Consómese fritido. A súa carne é de bo sabor.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2.</ref> Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier (2000): Peixos de les Illes Balears. Palma de Mallorca: Editorial Moll. ISBN 84-273-6013-4. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronectoideos Soleidos Microchirus

Ligazóns externas Microchirus variegatus na EOL. Microchirus variegatus na ADW.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1808 Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Produtos da pesca