San Xiao de Guimarei é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 391 habitantes (196 mulleres e 195 homes), distribuídos en 19 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 589 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 417 persoas.
Patrimonio A torre de Guimarei é unha torre medieval de planta cadrada que data do século XII. Constitúe o último resto dun castelo medieval que foi derruído polos Irmandiños en torno ao século XV. No século XVII construíuse un pazo barroco de planta cuadrangular pegado á torre. Atópase en estado semirruinoso. Pazo de Xerlís. Casa de Badía. Igrexa de Guimarei
Festas Na segunda semana de setembro celébrase a Feira da Becerra Selecta no Mercado Comarcal de Gando de Guimarei. Esa semana celébrase tamén a festa de Nosa Señora das Dores. O domingo e o luns de entroido hai festa. Tamén se celebra o San Xoán e o magosto no local do Outeiro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Guimarei
Parroquias da Estrada
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares da Estrada
Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao