Airas Carpancho foi un trobador galego de finais do século XII e primeira metade do século XIII. Pertence á primeira época da lírica galego-portuguesa. É posible que o apelido proveña da expresión "corpo ancho".
Traxectoria Polas investigacións de Yara Frateschi Vieira e Xosé Antonio Souto Cabo comézase a coñecer algo sobre a súa vida. Foi un cabaleiro, fillo de Fernando Pais, nado en Santiago de Compostela e con posesións en Teo. Consta que tivo dous irmáns que estudaron en París, un deles foi tamén poeta (en latín). Debeu vivir entre os anos 1180 e 1245. Dunha das súas obras dedúcese que frecuentou o círculo literario de Dona Costança Martins e Don Munio de Rodeiro.
Obra Consérvanse trece obras: doce cantigas de amigo e unha cantiga de amor.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Trobadores en galego-portugués