Synaptura cadenati Chabanaud, 1948 é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,Synaptura cadenati Chabanaud, 1948 no WoRMS, coñecida en galego como linguado da Guinea.Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 86.

Trátase dun pequeno linguado que habita nas costas do Atlántico centro-oriental, desde Senegal até o golfo de Guinea.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita por primeira vez en 1948 polo ictiólogo francés Paul Chabanaud.

Sinónimo Ademais de polo nome orixinario que lle outorgou Chabanaud, e actualmente válido, a especie coñécese tamén polo sinónimo Dagetichthys cadenati (Chabanaud, 1948).

Controversia Esta especie, de acordo con Desoutter et al. (2001) sería sinónimo de Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868.Desoutter, M.; F. Chapleau, T. A. Munroe, B. Chanet and M. Beaunier (2001): "Catalogue critique des types de poissons du Muséum national d'histoire naturelle. Ordre des Pleuronectiformes". Cybium 25 (4): 299-368.

Características Como todos os linguados ten unha aparencia característica, asimétrica e con ambos os ollos no mesmo lado do corpo, o chamado "lado" ocular" ou "lado pigmentado" (o dereito, neste caso), mentres que o lado sen ollos é o chamado "lado cego.O corpo, como o de todos os soleidos, ten forma de lingua (de aí os seus nomes vulagares) ou de sola de sandalia (de aí, o seu nome científico), máis alto cara a arriba, cara á cabeza, pero que se vai estritando pouco a pouco cara ao extremo caudal.

Podea alcanzar un tamaño de até 35 cm de lonxiutude.Desoutter, M. (1990).

Hábitat, distribución e bioloxía O linguado de Guinea é un peixe mariño e de augas salobres, demersal, que habita en augas tropicais pouco profundas, de até os 50 m de profundidade,Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO. entre os 16° N e os 5° S,Synaptura cadenati Chabanaud, 1948 na FishBase. nas costas do Atlántico leste, desde Senegal até o golfo de Guinea.

Encóntrase en fondos areosos e lamacentos, principalmente en augas pouco profundas.

Pesca O linguado de Guinea captúrase na área de pesca 34 (Atlántico centro-leste).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; Paris: SEI e UNESCO. Vol. 2. Relini, Giulio (2006): "Agnatha, Osteichthyes", en: Revisione della Checklist della fauna marina italiana. En FaunaItalia. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronectoideos Soleidos Synaptura

Ligazóns externas

Synaptura cadenati na EOL.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1948 Categoría:Produtos da pesca