Gennadiy Borisovich Tartakovsky (), nado o 17 de xaneiro de 1970 en Moscova, é un animador, director de cine e produtor estounidense. É coñecido pola creación de series de televisión de animación para Cartoon Network como son Dexter's Laboratory, Samurai Jack e Star Wars: Clone Wars, así como co-creador de Sym-Bionic Titan. No 2011, Tartakovsky uniuse a Sony Picture Animation onde debutou dirixindo o filme Hotel Transylvania e a súa secuela Hotel Transylvania 2. Aínda que o seu nome en ruso adoita transcribirse como Gennady ou Gennadiy, el cambiou a súa ortografía a Genndy despois de trasladarse de Rusia ós Estados Unidos.
Traxectoria Primeiros anos Tartakovsky naceu o 17 de xaneiro de 1970, en Moscova de pais xudeus. O seu pai, Boris, traballou como dentista para os funcionarios do goberno e para a Selección nacional soviética de hóckey sobre xeo. A súa nai, Miriam, foi a asistente do director dunha escola. Tamén ten un irmán, Alexander, quen é dous anos máis vello e actualmente é consultor de informática en Chicago.
A familia de Tartakovsky trasladouse aos Estados Unidos cando tiña sete anosSAMURAI JACK. DUNCAN HIGGITT. Western Mail. First Edition; NEWS; p. 28. 17 de xuño de 2005. debido as preocupacións sobre o efecto do antisemitismo na vida dos seus fillos. A familia estableceuse orixinalmente en Columbus, OhioTim Feran, SAMURAI JACK PUTS ART BACK INTO ANIMATION. Columbus Dispatch (Ohio). FEATURES – TV PLUS; Cover Story; p. 3. 11 de maio de 2003. e despois trasladouse a Chicago. Viuse moi influenciado pola banda deseñada que atopou alí; a súa primeira compra foi un cómic dos Super Friends. Tartakovsky comezou a asistir no terceiro grao na Eugene Field Elementary School de Chicago. A escola era difícil para el porque sentía que todo o mundo o recoñecía como estranxeiro. Pasou a frecuentar a prestixiosa Lane Technical College Prep High School de Chicago, e di que nunca sentiu que encaixaba até que estivo no segundo ano. Cando tiña 16 anos, o seu pai morreu dun ataque cardíaco. El sentía que o seu pai era moi rigoroso e era un home á antiga, pero a relación de Genndy con seu pai foi moi especial para el. Trala morte do seu pai, Genndy e a súa familia trasladáronse a unha vivenda financiado polo goberno, e empezou a traballar namentres cursaba o ensino medio.
Para satisfacer a súa familia, Tartakovsky tentou tomar clases de publicidade, xa que desexaban que fora un home de negocios. Así é todo, inscribiuse tarde e tivo pouca pode de elección sobre as súas clases. Foi designado para acudir a clase de animación na Columbia College Chicago antes de se mudar aos Ánxeles para estudar animación no Instituto das Artes de California (co seu amigo Rob Renzetti) e alí, coñeceu a Craig McCracken. Na CalArts, Tartakovsky dirixido e animou dúas películas de estudantes, unha das cales foi a base para facer Dexter's Laboratory. Despois de dous anos na CalArts, Tartakovsky conseguiu un emprego en España en Batman: The Animated Series e The Critic. Mentres estaba en España, a súa nai morreu de cancro.
Carreira Craig McCracken conseguiu un traballo de director de arte na Hanna-Barbera para o show 2 Stupid Dogs e recomendou a contratación de Robert Renzetti e máis de Tartakovsky. Este foi un importante punto de inflexión na carreira de Tartakovsky. Hanna-Barbera cedeu un trailer a Tartakovsky, McCracken, Renzetti e Paul Rudish para traballar no aparcadoiro do estudo, é alí onde Tartakovsky comezou a crear as súas obras máis coñecidas. Dexter's Laboratory xurdiu a partir dunha película de estudante co mesmo título que produciu mentres estudaba no California Institute of the Arts. Tartakovsky tamén co-escribiu e deseñou o nº 25 dunha serie de cómics de Dexter's Laboratory, titulado "Subble Trouble". Ademais, axudou a producir The Powerpuff Girls e dirixiu moitos episodios, e mesmo foi director de animación para o filme The Powerpuff Girls Movie. Os tres proxectos foron nomeados varias veces para os Premios Emmy, con Samurai Jack finalmente gañou o "Primetime Emmy ao mellor programa animado" (para programas de menos dunha hora) en 2004 - o mesmo ano en que ía gañar na categoría "Primetime Emmy ao mellor programa animado" (para programas dunha hora ou máis) por Star Wars: Clone Wars.
O creador da saga da Guerra das galaxias George Lucas contratou a Tartakovsky para dirixir Star Wars: Clone Wars, unha serie de debuxos animados que transcorre entre Attack of the Clone e Revenge of the Sith. A serie gañou tres premios Emmy: dous para "Primetime Emmy ao mellor programa animado" (para programas dunha hora ou máis) en 2004 e 2005, e outra para "Primetime Emmy ao mellor logro individual en animación" (para o deseñador de fondos Justin Thompson en 2005). Tartakovsky asegurou non ter plans de traballar en proxectos futuros da Guerra das galaxias. Tartakovsky axudou a crear o episodio piloto de "Korgoth of Barbaria", emitido por Adult Swim no 2006. Porén, o proxecto non logrou converterse nunha serie.
No 2005, Tartakovsky converteuse no presidente creativo de "Orphanage Animation Studios", un estudio de animación por ordenador pertencente á compañía de efectos visuais The Orphanage. En febreiro de 2006 anunciouse que o estudio estaba a cargo de crear unha secuela da película The Dark Crystal (1982), que sería titulada Power of the Dark Crystal e estaría dirixida por Tartakovsky. Así e todo, en maio de 2010 revelouse que Tartakovsky foi substituído por Michael e Peter Spierig. Tamén dirixiu unha serie de anuncios anti-tabaco, un para Nicorette en 2006 e dous para Niquitin en 2008.
No 2009 creou unha curta titulada Maruined, para o programa de Cartoon Network Cartoonstitute, que aínda non foi oficialmente transmitido. Anunciouse tamén que Tartakovsky ía escribir e dirixir unha película de Samurai Jack de Frederator Studios de Fred Seibert e Bad Robot Productions de J. J. Abrams. En xuño de 2012, Tartakovsky dixo que tiña unha historia para completar a serie pero o proxecto foi arquivado cando J. J. Abrams comezou a dirixir o filme de Star Trek. No 2010, creou storyboards para o filme de Jon Favreau Iron Man 2. A última serie de televisión de Tartakovsky para Cartoon Network, Sym-Bionic Titan, emitiuse entre 2010 e 2011. Tiña a esperanza de ampliar os 20 episodios iniciais, pero non foi renovado para alén da súa primeira tempada. O 7 de abril de 2011 un prólogo animado por Tartakovsky para a película de terror Priest estreouse en liña. A principios de 2011, Tartakovsky pasou a traballar con Sony Pictures Animation, onde fixo a súa estrea na dirección de cine con Hotel Transylvania (2012). En xullo de 2012, asinou un acordo a longo prazo con Sony para desenvolver e dirixir os seus propios proxectos. O seu primeiro proxecto inicial actualmente titúlase Can You Imagine? e será producido por Michelle Murdocca. É descrito como unha "viaxe fantástica a través da imaxinación dun neno".
En xuño de 2012, Sony Pictures Animation anunciou que Tartakovsky foi nomeado para dirixir unha longametraxe de animación por ordenador de Popeye. En marzo de 2015, Tartakovsky anunciou que, a pesar de que a rodaxe de proba foi ben recibida, non estaba a traballar máis no proxecto, e, pola contra, comezou a dirixir Can You Imagine?.
Filmografía Cinema Ano Título Notas 2002 The Powerpuff Girls Movie Director de animación 2006 How to Eat Fried Worms Director de animación 2010 Iron Man 2 Animador 2011 Priest Director de animación 2012 Hotel Transylvania Director 2012 Goodnight Mr. Foot CurtametraxeDirector e animador 2015 Hotel Transylvania 2 Director 2016 Trolls Consultor creativo (sen creditar) 2017 Puppy! CurtametraxeDirector e guionista 2018 Hotel Transylvania 3: Summer Vacation Director e guionistaVoz de Blobby, Blobby Baby Puppy Blobby2021Hotel Transylvania: Transformania Guionista e produtor executivo TBAFixedDirectorBlack KnightDirector e guionistaPopeyeDirector
Televisión Ano Título Notas 1991 Tiny Toon Adventures Asistente de animación (sen creditar) 1992–1993 Batman: The Animated Series Animador (sen creditar) 1993–1995 2 Stupid Dogs Director de animación 1994 The Critic Animador 1996–2003 Dexter's Laboratory Creador, director (1996–1999, 2003), guionista, animador, produtor, produtor executivo (2001–2003) e deseñador de personaxe 1998 Vaca e polo Animador 1998–2002 The Powerpuff Girls Produtor (tempadas 1–4), guionista, director de gravación, animador e director (tempadas 1–3) 1999 Dexter's Laboratory: Ego Trip TelefilmeDirector, produtor e animador 2000 Foe Paws Director de animación e produtor 2000 Whatever Happened to... Robot Jones? Produtor 2001 The Flintstones: On the Rocks TelefilmeProdutor 2001–20042017 Samurai Jack Creador, director, guionista, animador, produtor e director de son 2003 Duck Dodgers Actor de voz como el mesmo 2003–2004 The Grim Adventures of Billy & Mandy Produtor 2003–2005 Star Wars: Clone Wars Creador, animador, produtor e director 2004 Periwinkle Around the World Produtor e director 2006 Korgoth of Barbaria Director de animación 2008 Maruined Creador 2010–2011 Sym-Bionic Titan Creador, director, animador, guionista, director de son e produtor executivo 2013 Steven Universe Director 2019–presente Primal Creador, director, animador, guionista, director de dobraxe e produtor executivo 2021 Unicorn: Warriors Eternal Creador
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Moscova Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades da animación