Antonio Baños i Boncompain, nado en 1967 en Barcelona, é un xornalista, activista social, escritor e político catalán.
Traxectoria Natural de Nou Barris, diplomouse en ciencias da información na Universidade Autónoma de Barcelona. Publicou os libros La economía no existe, en 2009, e Posteconomía, en 2012, onde critica os esquemas económicos actuais, os economistas e o capitalismo. Traballou en Radio Nacional de España e mais en COM Ràdio e colaborou con TV3, La Sexta e Cuatro.«"Les cares de la CUP més enllà de David Fernàndez" El Critic Membro do colectivo de castelanfalantes pola independencia Súmate, en novembro de 2012 publicou un irónico artigo titulado "Guia pràctica de l'expulsió catalana de l'euro"Notícia a Vilaweb, 10 de novembro de 2012 e en 2013 a editorial La Butxaca deu ao prelo La rebel·lió catalana. Cara ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015 é cabeza de lista da Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent logo de ser escollido en primarias como independente.«Antonio Baños: 'He acceptat d'entrar al bombo de candidats de la CUP per al 27-S' Vilaweb
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigos de Antonio Baños en eldiario.es
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1967 Categoría:Xornalistas de Cataluña Categoría:Políticos da CUP Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua catalá