dereita|miniatura|Placa da biblioteca Antonio Reboiro, na Pobra do Brollón. Antonio Reboiro Rodríguez, nado na Pobra do Brollón cara a 1896 e finado en Lugo o 7 de marzo de 1938, foi un político galego.
Traxectoria Pertencía á Masonaría. Era presidente do Partido Agrario Radical Gallego de Veiga en 1931. Foi elixido concelleiro da Pobra do Brollón en 1931. Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 11 de agosto de 1937 e ingresado na cadea de Monforte de Lemos. Xulgado en consello de guerra en Lugo por adhesión á rebelión o 6 de outubro,El Progreso, 7-10-1937, p. 4. foi condenado á pena de morte. Foi executado en Lugo o 7 de marzo de 1938 con Dositeo Casanova Álvarez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Identificados en Brollón 63 veciños que sufriron a represión franquista
Categoría:Alcaldes da Pobra do Brollón Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Nados na Pobra do Brollón
Categoría:Nados en 1896
Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos