Santa Mariña de Ribela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. No ano 2019 tiña 135 habitantes, 43 menos ca en 2009 (93 mulleres e 85 homes segundo o IGE) e 120 menos ca en 1986. En 1842 tiña unha poboación de feito de 300 persoas. Ten dez entidades de poboación.
Patrimonio miniatura|Castro de Entrecastrelo/Castro de Ribela/Eira dos Mouros. A igrexa de Santa Mariña de Ribela data do ano 1865. En Ribela é de grande importancia a presenza do río Umia, no que verte as súas augas o regueiro de Esqueiro en forma de fervenza, no lugar da Aldea Grande. O Outeiro de Trabadela, O castro da Aldea Grande e o Castro de Entrecastrelo (36017038), coñecido tamén como Castro de Ribela, Castro de Parada ou Castro de Eira dos Mouros, no que aínda se conservan restos de recintos amurallados e da porta de entrada. Existen tamén varios petróglifos.
Casona dos Ballesteros. Hórreo da casa reitoral. Pombal do Cura. Muíño do Cura. Restos da Ponte do Cura. Colexio de Ribela. Castro de Ribela/Castro de Entrecastrelo/Castro de Parada/Castro de Eira dos Mouros. Ponte de Leira. Ponte-acueduto que leva a auga ata a veciña aldea de Parada derivando pola marxe esquerda as augas do río Umia e transportándoas a unha distancia de 2 km aproveitando o desnivel do río.
Presa de Leira Cruceiros. Muíños de auga. Fábrica de Luz de Ribela.
Festas Cada ano, despois de mediados de xullo, celébranse as Festas de Santa Mariña, patroa de Ribela.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Ribela
Parroquias da Estrada
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares da Estrada
Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña