Got Your Six é o sexto álbum de estudio do grupo norteamericano de heavy metal Five Finger Death Punch. Foi publicado o 4 de setembro de 2015.

Contexto En xaneiro de 2015, o grupo anunciou os seus plans de comezar a gravar un novo disco de estudio planeado para finais do 2015. O 2 de maio de 2015 anunciaron que o título deste novo álbum sería Got Your Six. Posteriormente o 19 de maio de 2015 publicouse que ía ser a portada do disco xunto coa data de publicación tentativa para o 28 de agosto. Tamén publicaron unha parte do que sería o seu novo sinxelo, titulado "Jekyll and Hyde", e confirmaron as datas dunha xira por norteamérica xunto aos grupos Papa Roach, In This Moment e From Ashes To New, durante a que farían promoción do novo álbum.

O batería Jeremy Spencer declarou do disco que "É realmente máis brutal, con dinámicas máis extremas. Ten partes melódicas e tamén algunhas partes realmente brutais".

Lista de temas

Notas

Categoría:Álbums de Five Finger Death Punch Categoría:Álbums musicais de 2015 Categoría:Álbums de Prospect Park Records Categoría:Álbums producidos por Kevin Churko