Geoffrey Bache Smith, nado o 18 de outubro de 1894 e finado en Somme (Francia) o 3 de decembro de 1916 foi un militar inglés, tenente do exército británico.
Traxectoria Smith uniuse ao 19º batallón de servizo dos Lancashire Fusilliers, chamados 3rd Salford Pals, e participou na ofensiva do Somme. O 29 de novembro de 1916 recibiu unha ferida de metralla, e faleceu catro días despois.
Amigo da xuventude de J. R. R. Tolkien. Tolkien e Smith estudaron xuntos no King Edward's School de Birmingham. En 1918 publicouse unha colección de poemas seus, titulada A Spring Harvest, na que Tolkien escribiu o limiar.
Na cultura popular A película biográfica de 2019 Tolkien céntrase nos primeiros anos da vida do novelista e poeta fantástico JRR Tolkien (Nicholas Hoult), o seu servizo no exército británico durante a Primeira guerra mundial e a súa estreita amizade con Geoffrey Bache Smith (Anthony Boyle). Pouco despois de que Tolkien se decatase da morte de Smith na ofensiva do Somme, a última carta do verdadeiro Geoffrey Smith a Tolkien lese en voz alta en off. A película mostra entón como Tolkien preparou a edición da poesía do seu amigo caído para a súa publicación.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Militares do Reino Unido Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1916