Pago Pago é a capital da Samoa Americana. En 2010, a súa poboación era de 3.656 habitantes. A cidade está servida polo Aeroporto Internacional de Pago Pago. O turismo, entretemento, gastronomía, e o atún enlatado son as súas principais industrias.

Historia

De 1878 a 1951, o lugar era a base dunha estación de abastecemento e unha base de reparación da USA Navy, coñecido entón como United States Naval Station Tutuila.

En xaneiro de 1942 Pago Pago Harbor foi bombardeado por un submarino xaponés, foi a única acción de guerra nas illas durante a segunda guerra mundial.

O 29 de setembro de 2009, un terremoto golpeou no Pacífico Sur preto de Samoa e da Samoa Americana, provocando un tsunami en Pago Pago e bisbarra. O tsunami causou de moderados a graves danos a vilas, edificios e vehículos e causou un número indeterminado de mortos.Article on Google News"Disaster aid flows to tsunami-hit Samoas". MSNBC.

Xeografía a vila atópase en Pago Pago Harbor, na illa de Tutuila. Pago Pago é unha das moitas vilas da aglomeración urbana de Pago Pago ao longo da ribeira de Pago Pago Harbor situado na parte máis oriental (interior) da enseada. A zona inclúe unha serie de vilas, entre elas Fagatogo, a zona lexislativa e xudicial, e Utulei, a zona executiva."Pago Pago (American Samoa)". Britannica Online Encyclopedia.

Con todo, debido a que o nome de Pago Pago asóciase ao porto (o único importante da Samoa Americana) Pago Pago é agora xeralmente aplicado non só para a vila en si, senón a toda a zona do porto e das vilas do mesmo. É neste sentido que Pago Pago convértese de facto na cidade capital da Samoa Americana.

Tanto o propio porto como a administración da Samoa Americana coñecida como " Fono", están en Fagatogo, unha vila á beira de Pago Pago. Do mesmo xeito, o outrora famoso Hotel Rainmaker (agora pechado) atópase na localidade de Utule'i, xunto a Fagatogo o longo da costa sur do longo porto. As fábricas de conservas están en Atu'u, na costa norte do porto. Recomendase que se debe evitar o consumo de calquera peixe ou invertebrado atrapado en Pago Pago Harbor porque están contaminados con metais pesados e outros contaminantes.

Pago Pago é unha mestura de comunidades semiurbanas, unha pequena cidade, fábricas de conservas de atún, que proporcionan emprego a un terzo da poboación de Tutuila, e un porto rodeado por impresionantes cantís, que se afunden case directamente no mar. Unha subida á cima do Mt. Alava no Parque Nacional da Samoa Americana proporciona unha visión panorámica do porto e a cidade.Farrell, Jack, "American Samoa American Samoa: A Tropical Delight Hosting the Only U.S. National Park South of the Equator", Frederick News-Post, Sunday, March 16, 2014

Clima

Pago Pago ten un clima de selva tropical (clasificación climática de Köppen Af) climate. Todos os rexistros climáticos oficiais da Samoa Americana están en Pago Pago. A temperatura máis alta xamais rexistrada foi de 37 °C o 22 de febreiro de 1958. Pola contra, a temperatura máis baixa rexistrada foi de 15 °C o 10 de outubro de 1964.

Educación A Biblioteca Pública Feleti Barstow atópase en Pago Pago."Contact Us ". Feleti Barstow Public Library. Retrieved on May 19, 2010. En 1991, o gran ciclón tropical Val golpeou Pago Pago, destruíndo a biblioteca que existía alí. A actual biblioteca de Barstow, construída en 1998, inaugurouse o 17 de abril de 2000."History ." Feleti Barstow Public Library. Retrieved on May 19, 2010.

Turismo miniatura| Hotel Rainmaker Ata 1980, podíanse gozar das vistas do Monte Avala tomando un funicular sobre o porto, pero o 17 de abril dese ano, un avión da USA Navy, voando por encima, como parte da celebración do Día da Bandeira, golpeou o cable e o avión estrelouse contra un extremo do Hotel Rainmaker.Moos, Grant. 1980 . "April 17, 1980: Fiery crash halts Flag Day". Samoa News, April 18, 1980 (reprinted in the Samoa News, January 22, 1997: 4). Cited in Sorensen, Stan, and Joseph Theroux. The Samoan Historical Calendar, 1606–2007 . p. 93. O funicular foi reparado, pero pechou pouco despois. O tranvía quedou inservible, aínda que segundo Lonely Planet, existen plans para volver abrilo, pero en decembro de 2010 o cable foi danado polo ciclón tropical Wilma, caeu no porto e non foi reparado . Outro miradoiro notable é o que está na cima do paso anterior a vila de Aua no camiño de Afono.

O Sadie Thompson Building, nos arredores de Pago Pago, é un restaurante e pousada que aparece no Rexistro Nacional de Lugares Históricos dos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Pago Pago, American Samoa National Weather Service Office Pago Pago Weather underground Census-2010 Population

Categoría:Capitais de Oceanía