Santiago de Tabeirós é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 344 habitantes (194 mulleres e 150 homes), distribuídos en 13 entidades, o que supón unha diminución respecto do ano 1986 cando tiña 603 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 561 persoas.

Patrimonio Igrexa de Santiago de Tabeirós, románica. Ten nave de ábsida rectangular con contrafortes e canzorros, que destacan polas súas orixinais esculturas. Cando se realizaron obras de restauración, en 1998, atopáronse unha ara orixinal románica e pinturas do século XVI. Peto de ánimas de Tabeirós.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Tabeirós

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior