A igrexa de Santa María de Bemil é o templo parroquial de Bemil (Caldas de Reis), de estilo románico do século XII.

Características Conserva parte do frontispicio occidental románico (estrutura xeral e o rosetón superior). Porén, a portada románica foi suprimida e substituída por un sinxelo van. A torre-campanario do costado moderno é barroca. O rosetón trátase dun óculo circular rodeado por arquivoltas baquetonadas e nos vans das súas trazarías debuxáronse unha estrela central rodeada por tetrafolias. Tamén consérvase a potente ábsida do século XII, que aínda que é sinxela, mostra a elegancia das formas románicas na súa planta semicircular con dúas columnas entregas e un ventanal no pano central. Os muros refeitos, na parte dianteira, conservan canzorros románicos sobre unha sinxela porta de arco semicircular. A capela da cabeceira comunica coa nave mediante un arco triunfal de ferradura.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Arquitectura románica en Galicia

Bemil Categoría:Caldas de Reis Bemil Bemil