O ChEBI (Chemical Entities of Biological Interest ou Entidades Químicas de Interese Biolóxico) é unha base de datos e de ontoloxía de entidades moleculares enfocada a "pequenos" compostos químicos, que forma parte do proxecto Open Biomedical Ontologies (Ontoloxías Biomédicas Abertas). O termo "entidade molecular" refírese a calquera "átomo, molécula, ión, par de ións, radical, ión radical, complexo, confórmero etc., constitucional e isotopicamente distinto, identificable como unha entidade distinguible por separado". As entidades moleculares en cuestión son produtos de natureza sintética ou produtos que teñen bioactividade potencial. Porén, as moléculas codificadas directamente polo xenoma, como ácidos nucleicos, proteínas e péptidos derivados de proteínas por corte proteolítico, como regra non son incluídos no ChEBI.
O ChEBI usa a nomenclatura, simbolismo e terminoloxia da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) e o Comité de Nomenclatura da Unión Internacional de Bioquímica e Bioloxía Molecular (NC-IUBMB).
Alcance e acceso Todos os datos nesta base de datos son de tipo non-propietario ou derivan de fontes non-propietarias. Deste modo son libremente accesibles e están á disposición de calquera. Ademais, cada ítem é doadamente tracexable e explicitamente referenciado ás fontes orixinais.
Os datos de ChEBI están dispoñibles por medio dunha interface de web pública, un sevicio web e descargas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ChEMBL ChemIDplus DrugBank PubChem
Ligazóns externas www.ebi.ac.uk ftp.ebi.ac.uk
Categoría:Bases de datos biolóxicas Categoría:Bases de datos químicas