San Bartolomeu de Pereira é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 158 habitantes (80 homes e 78 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 170 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 137 habitantes, sendo 64 homes e 73 mulleres.

Topónimo A orixe do topónimo pode vir tanto do latín pirariam, que viría de piru(m) ("pera") + -ariam (sufixo abudancial), "lugar cheo de peras"Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 120. ISBN 84-85170-20-2 como de petra(m), "pedra". O significado de "lugar elevado localizado nunha zona pedregosa" cúmprese neste caso.

Lugares e parroquias Lugares de Pereira

Parroquias de Forcarei

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Forcarei

Categoría:Parroquias de Forcarei Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Bartolomeu