San Martiño de Borreiros é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o IGE, no 2014, tiña 1.254 habitantes (666 mulleres e 588 homes), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.047 habitantes. O lugar de cabeceira, onde está a igrexa e o centro cultural, é San Martiño. Eclesiasticamente, pertence ao arciprestado de Miñor.
Historia A primeira referencia escrita data do 1170, onde o rei Fernando II de León doa ó Bispo de Tui a igrexa de San Martiño de Borreyros. Neste documento, sinala os seus longos límites. E outra referencia data de 1409, onde Lorenzo Canes de Cadaval, escudeiro morador en terra da Louriña, fai doazón ó Mosteiro de Oia, a metade do Coto de Borreyros coas súas casas, as súas herdades, as súas viñas, as súas devesas etc. Durante tempo, a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona), pertenceu a ela ata que se independizou.Miñor, Arciprestados de Tui-Vigo, Delegación diocesana de patrimonio (2008).
Patrimonio Pola parroquia discorre o río Miñor. Posúe unha capela, chamada Capela da Xunqueira que data do ano 1723 (segundo a inscrición que hai no arco da entrada).
No monte veciñal atópase un poboado castrexo da idade de ferro, o castro da Pedra Moura. Ten parapetos defensivos, e desde el vese o Val Miñor e a ría de Vigo. Está en terreos propiedade da Comunidade de Montes.
Na parroquia tamén se encontra a Fraga de Oliveira, que está situada entre as parroquias de Borreiros, Belesar e Donas no contorno do río da Groba, aínda que os sendeiros que están dentro do sendeiro da Grela, están sen sinalizar e abandonados.
Festas Santo Antonio de Padua: 13 de xuño (na capela da Virxe da Luz Xunqueira). Virxe da Luz: 8 de setembro (na capela da Virxe da Luz Xunqueira). San Martiño: 11 de novembro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Borreiros
Parroquias de Gondomar
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Gondomar Ligazóns externas San Martiño de Borreiros Diocese de Tui-Vigo.
Categoría:Parroquias de Gondomar Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours