Orgullo Petrolero (renomeado como Cerro de la Pez) é un buque de apoio a plataformas petrolíferas, construído na Ría de Ferrol por Navantia para Pemex, cun custo de 150 millóns de euros. O buque forma parte dunha serie de dous contratados xunto con Barreras Vigo, o Reforma Pemex.

Descrición Os inicios do proxecto partiron da negociación da Xunta de Galicia con Pemex para conseguir traballo nos estaleiros galegos. O 5 de marzo de 2014 asinouse o acordo coa sociedade PMI Norteamérica S.A"Navantia bota el primer flotel para Pemex" delacontecerportuario.wordpress.com 28/8/2015.. Durante a construción do buque, Pemex tentou a venda do flotel á operadora norueguesa Volstad, que o cedería en réxime de alugueiro."«Orgullo petrolero» y ferrolano" La Voz de Galicia, 28/8/2015.

O buque botouse na ría de Ferrol cun adianto de dous meses sobre a data prevista, tendo construído o 65%. Foi botado o 28 de agosto de 2015, sendo madriña Victoria Eugenia Aguiar Meugniot."El 'Orgullo Petrolero' de Pemex toca el mar tres años después de las promesas de Feijóo" Economía Digital, 28/8/2015. Permaneceu atracado na ría de Ferrol ata maio de 2018.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Construcción y botadura del buque Orgullo Petrolero. Pemex Navantia en YouTube, (2'20'')

Categoría:Barcos