Santiago de Morgadáns é unha entidade local menor e unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar, na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.255 habitantes (624 homes e 631 mulleres), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento progresivo en relación aos anos 2004, cando tiña 1.229 habitantes, e 1999, con 1.160.
Historia Durante o Antigo Réxime formou un morgadío xunto ás parroquias de Chenlo (O Porriño) e Pazos de Reis (Tui).
Pertenceu primeiro á xurisdición de Baiona para formar despois concello propio ata a distribución municipal definitiva de 1836, cando foi integrada en Gondomar. Xa en 1844 hai constancia de que os veciños de Morgadáns, xunto ós da parroquia veciña de Chaín reclamaron infrutuosamente formar concello, con capital en San Roque de Morgadáns, hoxe un lugar desta parroquia.
En 1848, a parroquia tiña uns 1390 habitantes. Aparece descrita no undécimo volume do Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz coas seguintes palabras:
O 7 de agosto de 1932 constituíuse nunha das 9 entidades locais menores que existen en Galiza. Trala guerra civil suspendeu as súas actividades ata 1955. Entre os bens que xestiona destaca o monte do Galiñeiro.
Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Miñor.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Morgadáns
Parroquias de Gondomar
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Gondomar Ligazóns externas Morgadáns na páxina da Diocese de Tui-Vigo.
Categoría:Parroquias de Gondomar Categoría:Entidades locais menores de Galicia Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior