A dos erinaceomorfos (Erinaceomorpha) é unha orde de mamíferos placentarios laurasiaterios que inclúe unha soa familia, a dos erinaceidos (Erinaceidae), antes incluída na antiga orde dos insectívoros, hoxe desbotada.Erinaceomorpha en MSW.

A orde inclúe os coñecidos ourizos de Eurasia e África (subfamilia dos Erinaceinae) e os menos coñecidos en occidente ximnuros, do sueste asiático (subfamilia dos Galericinae).

Características Os erinaceidos teñen un corpo xeralmente semellante, na súa forma, ao das musarañas, co fociño longo e a cola curta. Porén, son moito máis grandes, xa que o tamaño do seu corpo varía normalmente desde 10 a 15 cm de lonxitude, e alcanzan de 40 a 60 g de peso (no caso do ximnuro de cola curta, Hylomys suillus, o maior dos ximuros ou ratas lunares, a lonxitude chega a de 26 a 45 cm, e o peso, de 1 a 1,4 kg).

Todas as especies teñen cinco dedos en cada pata, nalgúns casos dotados de fortes garras para escavar. As orellas e osollos son grandes. Os ourizos teñen os pelos modificados en espiñas afiadas, que forman unha cuberta protectora sobre a parte superior do corpo e os flancos, mentres que os ximnuros teñen só pelo normal.

A maioría das especies teñen glándulas anais odoríferas, que están moito máis desenvolvidas nos ximnuros, que desprenden cheiros que se perciben a gran distancia.Wroot, Andrew (1984): Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals. New York: Facts on File. pp. 750–757. ISBN 0-87196-871-1.

Os erinaceidos son omnívoros, aínda que a maior parte da súa dieta está composta por insectos, vermes e outros pequenos invertebrados. Pero tamén comen sementes e froitos e, ocasionalmente, ovos de aves, así como calquera prea que estea ao seu alcance. Os seus dentes son afiados e adecuados para atravesar ás presas invertebradas. A fórmula dentaria é: 2-3.1.4.3 / 3.1.2-4.3.

Os ourizos son de hábitos nocturnos; en cambio os ximnuros son menos nocturnos, e poden ser activos tamén durante o día.

Moitas especies viven en tobos simples, mentres que outras constrúen niños temporais sobre a superficie do solo con follas e herbas, ou se refuxian en ocos de troncos das árbores ou en agochos similares.

Os erinaceidos son animais solitarios fóra da temporada de cría, e o pai non desempeña ningún papel na crianza da prole.

As femias dos erinaceidos paren tras un período de xestación de ao redor de seis a sete semanas. As crías acabadas de nacer son cegas e carecen de pelo, aínda que aos ourizos empezan a brotarlle as espiñas ás 36 horas do nacemento.

Taxonomía Descrición dos taxons A orde dos Erinaceomorpha foi descrita en 1910 polo paleontólogo estadounidense William King Gregory.

Pol súa parte a familia dos Erinaceidae fora descrita anteriormente, en 1814 polo anatomista e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim na súa obra Gotthelf Fischer (1814): Zoognosia tabulis synopticus illustrata, in usum praelectionum, Editio tertia, Volumen tertimum. Mosquae, Typis Nicolai Sergeidis Vsevolosky, editada pola Academia Médico-Cirurxica Imperial de Moscova.Erinaceidae en MSW.

Etimoloxías Orde O nome Erinaceomorpha está formado polos elementos do latín científico erinace-, de Erinaceus, nome de xénero, derivado do latín ericĭus, "ourizo cacho", coa desinencia -āceus, "semellante a", e -morpha, forma neutra derivada do grego antigo μορφή morphé, "forma", unidos ambos os elementos pola vogal de unión -o-. Literalmente: "os semellantes aos ourizos".

Familia O nome da familia Erinceidae está formado, como é usual, coa raíz do nome do xénero tipo da familia, Erinaceus, e a desinencia ´-idae, derivada do grego εἶδος eîdos, "forma", usada para formar os nomes da familias de animais.

Nomes vulgares Erinaceomorfos e erinaceidos son, obviamente, as adaptacións ao galego dons nomes latinos correspondentes.

Ximnuro é un termo orixinado a finais do século XIX, derivado do latín científico Gymnura (antigo nome de xénero), tirado do grego antigo γυμνόσ gymnós, "espido, espida" e ουρά ourá, "cola de animal", "rabo".gymnure en Oxford Dictionaries.

Clasificación Describíronse 12 xéneros e 43 especies de erinaceomorfos, algúns deles e delas fósiles. Na actualidade, a orde comprende os seguintes taxons:

Orde Erinaceomorpha Gregory, 1910 miniatura|Atelerix algirus. miniatura|Erinaceus concolor. miniatura|Cría de Paraechinus aethopicus. miniatura|Deinogalerix koenigswaldi. Museo de Historia natural de Leiden. Familia Erinaceidae G. Fischer, 1814 Subfamilia Erinaceinae G. Fischer, 1814 - ourizos Atelerix Pomel, 1848 Atelerix albiventris Wagner, 1841 Atelerix algirus Lereboullet, 1842 Atelerix frontalis A. Smith, 1831 Atelerix sclateri Anderson, 1895 Erinaceus Linnaeus, 1758 Erinaceus amurensis Schrenk, 1859 Erinaceus concolor Martin, 1837 Erinaceus europaeus Linnaeus, 1758 Erinaceus roumanicus Barrett-Hamilton, 1900 Hemiechinus Fitzinger, 1866 Hemiechinus auritus Gmelin, 1770 Hemiechinus collaris Gray, 1830 Mesechinus Ognev, 1951 Mesechinus dauuricus Sundevall, 1841 Mesechinus hughi Thomas, 1908 Paraechinus Trouessart, 1879 Paraechinus aethiopicus Ehrenberg, 1832 Paraechinus hypomelas Brandt, 1836 Paraechinus micropus Blyth, 1846 Paraechinus nudiventris Horsfield, 1851 Subfamilia Galericinae Pomel, 1848 - ximnuros Echinosorex Blainville, 1838 Echinosorex gymnura Raffles, 1822 Hylomys Müller, 1840 Hylomys megalotis Jenkins & M. F. Robinson, 2002 Hylomys parvus Robinson & Kloss, 1916 Hylomys suillus Müller, 1840 Neohylomys Shaw & Wong, 1959 Neohylomys hainanensis Shaw e Wong, 1959 Neotetracus Trouessart, 1909 Neotetracus sinensis Trouessart, 1909 Podogymnura Mearns, 1905 Podogymnura aureospinula Heaney & Morgan, 1982 Podogymnura truei Mearns, 1905

Evolución O dos erinaceidos é un grupo relativamente primitivo de mamíferos placentarios, que cambiaron moi pouco desde a súa orixe no eoceno. O chamado 'ourizo xigante' (realmente un ximnuro) Deinogalerix †, do mioceno do Gargano,O Gargano é un macizo montañoso e, por extensión, in importante promontorio no leste de Italia, que forma a "espora" da "bota" da península italiana. era do tamaño dun coello grande, e podía comer vertebrados ou prea, en lugar de insectos.Savage, R. J. G. & Long, M. R. (1986): Mammal Evolution: an illustrated guide. New York: Facts on File. ISBN 0-8160-1194-X, pp. 48–49.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals: Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Martin, Robert D. (1984) en: Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals. Nova York: Facts on File. ISBN 0-87196-871-1, pp. 126–127. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltinore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 212–219.

Outros artigos Insectívoros Laurasiaterios Taxonomía dos mamíferos

Ligazóns externas Erinaceomorpha na ADW. Erinaceomorpha na EOL. Erinaceidae na ADW. Erinaceidae na EOL.

Categoría:Placentarios