miniatura|Sergio Massa en 2012 Sergio Tomás Massa, nado en San Martín, Buenos Aires, o 28 de abril de 1972, é un político arxentino, fundador da Fronte Renovadora.
Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Belgrano entre 1990 e 1994 pero non chegou a rematar a carreiraFíxoo máis tarde, en 2013 "En plena campaña, Massa se recibió de abogado con un 9, perfil.com, 18 de xullo de 2013 . Comezou a militar nos seus anos de instituto na liberal conservadora Unión do Centro Democrático chegando a ser presidente provincial. En 1996 entrou no Partido Xusticialista, foi deputado na Cámara de Deputados da Provincia de Buenos Aires (1999-2002), director da Administración Nacional da Seguridade Social (2002-2007), alcalde de Tigre (2007-2008 e 2009-2013), xefe de gabinete de ministros da Arxentina (2008-2009). Xa desligado do kirchnerismo, encabezou en 2013 a lista pola provincia de Buenos Aires da recentemente constituída Fronte Renovadora,«Confirmado: Sergio Massa será candidato a diputado» . «Sergio Massa será candidato a diputado nacional». logrando escano na Cámara de Deputados da Nación Arxentina. Foi tamén dirixente do Club Atlético Tigre, situado na cidade bonaerense de Vitoria. Candidato á presidencia da Arxentina de 2015, nas primarias previas quedou terceiro tras de Daniel Scioli e Mauricio Macri.
Actualmente é o presidente da Cámara de Deputados da Nación Arxentina dende o 10 de decembro de 2019.
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Deputados do Congreso da Nación Arxentina Categoría:Alcaldes