Varias figuras da mitoloxía grega teñen o nome Merops (Μέροψ) ou Mérops. Son as seguintes:

Merops, rei de Etiopía (Aethiopia), marido de Clímene e pai adoptivo de Faetón, o cal era fillo da súa muller e Helios.Ovidìo, Metamorphoses, 1. 760 ff & 2. 184 Merops, residente de Mileto, marido de Clímene (distinta da anterior) e pai de Pandareo.Antoninus Liberalis, Metamorphoses, 36Pausanias, Descrición de Grecia, 10. 30. 2 Merops, rei de Percote, pai de dous fillos (Anfio e Adrasto), que foron matados por Diómedes na guerra de Troia, e de dúas fillas, Cleite, que era esposa de Cizico, e de Arisbe, que foi a primeira muller de Príamo. Merops tiña o don da profecía e vaticinou a morte os seus fillos, os cales ignoraron as súas advertencias.Homero, Ilíada, 2. 828 ff & 11. 328 ffApolonio de Rodas, Argonautica, 1. 974 ffBibliotheca 3. 12. 5 Merops, un dos fillos de Triopas,Estéfano de Bizancio s. v. Merops ou un autóctono (autochthon)Estéfano de Bizancio s. v. Kōs e rei de Cos (críase que esta illa recibira o seu nome polo dunha filla de MeropsEtymologicum Magnum, 507. 56). Casou coa ninfa Ethemea (ou, máis correctamente, Echemeia), que foi matada a frechazos pola deusa Artemisa porque deixou de adorala. Cando Merops estaba a piques de suicidarse debido á dor pola morte da súa dona, a deusa Hera tivo piedade do desconsolado viúvo e situouno entre as estrelas coa forma dunha aguia, converténdose na constelación da Aguia (Aquila).Hixinio, Astronomía Poética, 2. 16 Merops foi o pai de Eumelo e avó dos fillos deste, Agrón, Bisa e Meropis, todos os cales foron coñecidos pola súa impiedade.Antoninus Liberalis, Metamorphoses, 15 Clitia, filla de Euripilo de Cos,Teócrito, Idyll 7. 5 con escolios e Titanis, que foi transformada por Artemisa nun cervo debido á súa beleza,Eurípides, Helena, 382 foron dadas como fillas de Merops. Merops, rei de Anthemousia, que loitou contra Sitón de Tracia pola man da filla deste último, Palene, e como resultado da loita morreu.Conón, Narracións, 10 Merops, pai de Epione, a muller de Asclepio.Escolios na Ilíada, 4. 195 Merops, fillo de Hías, que foi o primeiro que fixo que a xente se asentase en poboados despois do gran diluvio da mitoloxía grega.Escolios na Ilíada, 1. 250 Merops, un bisneto de Temeno na seguinte xenealoxía dos Heráclidas: Heracles - Hilo - Cleodeo - Aristomaco - Temeno - Cisio - Testio - Merops - Aristodamis - Feidón - Carano.Diodoro Sículo, Biblioteca de Historia, fragmentos do Libro 7, 17

Notas

Categoría:Mitoloxía grega

br:Merops de:Merops el:Μέροπας fr:Mérops