Optical Calibration Sphere, tamén coñecido como Optical Calibration Sphere Experiment e polo seu acrónimo OCSE, así como por IOSS (Inflatable Optical Sphere System) foi un satélite artificial dos estadounidense lanzado o 27 de xaneiro de 2000 mediante un foguete Minotaur 1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea. O seu obxectivo principal foi servir de obxectivo de calibración para os láseres en terra das instalacións de investigación Starfire da Forza Aérea dos Estados Unidos.
Características
OCSE consistía nunha esfera inflable de 3,5 m de diámetro despregada a partir dun contedor de 0,48 m de longo e 0,41 m de diámetro que foi exectado desde a plataforma JAWSAT. Aos 42 segundos tras a exección dende JAWSAT, o contedor abriu a súa tapa, e 10 segundos máis tarde comezou o inflado da esfera, á que permaneceu acoplada durante o resto da misión. O conxunto tiña unha masa de 22 kg e a esfera estaba formada por unha película de kapton e aluminio reflector que facía que, desde terra, a súa magnitude aparente fose de +5.
OCSE reentrou na atmosfera o 5 de marzo de 2001, algo máis dun ano despois de ser lanzada.
Notas
Categoría:Satélites artificiais