Obdulia Taboadela Álvarez, nada en Madrid o 22 de novembro de 1964, é unha profesora universitaria e política coruñesa.

Traxectoria Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) e doutora en Socioloxía. Dende 1995 é profesora Titular de Socioloxía no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración da Universidade da Coruña e profesora titora no centro asociado da UNED en Pontevedra dende 1999.

Desde 2004 ata a súa incorporación ao Goberno municipal no 2007 desempeñou o cargo de Subdelegada do Goberno na Coruña. Até 2009 foi concelleira delegada de Interior, Persoal e Informática. De 2009 a 2011 ocupou a concellaría de Urbanismo.

En xullo de 2011 regresou á Universidade para se ocupar de Socioloxía Económica do Grao de ADE na UDC, a coordinación do Mestrado Oficial en Migracións Internacionais, e o inicio de novos proxectos de investigación vinculados aos cambios sociais nos países de economías emerxenteshttp://www.sociologia.udc.es/es/infoesp/directorio-general/taboadela-alvarez-obdulia Taboadela Álvarez, Obdulia - Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. miniatura|Papeleta para o Senado nas Eleccións de abril de 2019.

Obras Mujer, trabajo y políticas activas de empleo en España: el caso de la reforma laboral de 1997. Santiago de Compostela : Centro de Estudios de Población y Análisis de las Migraciones, 2001. ISBN 84-607-3344-0 La afiliación sindical: hacia una aproximación del sistema de representación de intereses en el sindicalismo español contemporáneo. Universidad Complutense, 2001. ISBN 84-669-0224-4

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Ligazóns externas Dra. Obdulia Taboadela Álvarez. Titular de universidade (TIT-UN) Universidade da Coruña. Ficha na páxina web do Senado de España Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)

Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2007-2011 Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Senadores de España polo PSOE Categoría:Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura)