San Xiao de Rodís é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 113 habitantes (58 mulleres e 55 homes), 27 menos que en 1999.Ten catro entidades de poboación,

Está situada na confluencia dos ríos Cello e Arnego, linda con Cangas, parroquia da que antes formaba parte.

Xentilicio O seu xentilicio é rodiseiro.

Historia Rodís foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando pasou a ser anexo de Santa Mariña de Cangas.

Patrimonio A igrexa de San Xiao de Rodís é románica, e conserva a súa estrutura orixinal: corpo de pedra, ábsida rectangular, porta principal con arco sobre columnas e lateral con lintel pentagonal e arco triunfal. Só o campanario barroco e a sancristía son posteriores. Nos capiteis aparecen representadas cunchas de peregrino.

A mediados do século XIX púxose en marcha na parroquia unha industria papeleira que funcionou até finais do século. O esqueleto da nave segue en pé. Ao seu carón medra unha árbore de incenso.

O castro de Palio de Riba ten un recinto principal de planta ovalada irregular cun eixo maior de orientación NL-SO, que mide uns 115 m no exterior e uns 75 no interior. O seu eixo menor ten unhas dimensións no seu punto máis ancho (na zona central) duns 85 m ao interior e uns 60 m ao interior. O recinto está defendido en todo o seu contorno por un terraplén que presenta menor caída na zona sueste, a máis afectada polo labor agrícola. As súas defensas no resto do perímetro son impoñentes polo forte desnivel, cunha caída máxima duns 6 m. Segundo o plano topográfico e o modelo dixital do terreo (extraído dos datos LIDAR) vense tamén o que poderían ser restos dun foxo na zona NL, defendido por un parapeto exterior, mais a densidade da vexetación neste punto dificulta a súa determinación. A coroa na súa beira leste aparece defendida por un parapeto aparentemente de terra que se estende ao longo duns 30 metros cunha anchura de 2 m. O desnivel cara ao interior é de 1 m e 2 m polo exterior. A entrada sitúase no sur-suroeste e vén marcada por unha interrupción do terraplén. Na zona NNO aparecen restos dun foxo, aínda que a densa vexetación neste punto dificulta a súa inspección.Ficha arqueolóxica do castro de Palio de Riba .

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Rodís

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín Galería de imaxes da igrexa de San Xiao de Rodís

Ligazóns externas Rodís na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao