Veciños Independentes de Alfoz é unha agrupación de electores creada no concello de Alfoz do Castrodouro (provincia de Lugo) por veciños e veciñas sen afiliación política coa intención de concorrer ás eleccións municipais do 24 de maio de 2015"Veciños Independentes de Alfoz aboga por las ideas, no por la ideología", artigo en La Voz de Galicia, 26 de abril de 2015 ..
Historia O 2 de abril de 2015, reuníronse un grupo de veciños e veciñas de Alfoz do Castrodouro de mutuo acordo, para se constituír como promotores dunha agrupación de electores baixo a denominación de Veciños Independentes de Alfoz, de acordo co que indica o artigo 169.3 da LO 5/1985, de 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral. O principio reitor desta agrupación, é o de promover unha candidatura para poder presentarse ás eleccións municipais no concello de Alfoz do Castrodouro. Así mesmo, os promotores designaron a administradores e representantes diante da administración electoral. O venres día 10 de abril propúxose entre os membros promotores da agrupación unha lista de candidatos para concorrer ás eleccións. Debido a que as agrupacións de electores necesitan un número de sinaturas que avalen a candidatura proposta, simpatizantes de Veciños Independentes de Alfoz procederon a avalar ante notario esta alternativa para poder presentarse, e finalmente o 15 de abril presentouse a documentación diante da Xunta Electoral de Zona.
O 24 de maio de 2015 Veciños Independentes de Alfoz do Castrodouro conseguiu 283 votos (20,48 % do electorado), obtendo dúas actas na corporación municipal"VIA irrumpe como llave en Alfoz, donde logra 2 actas, por 4 del PP y 3 del PSOE", artigo en La Voz de Galicia, 25 de maio de 2015 ..
Notas
Categoría:Partidos políticos de Galicia Categoría:Alfoz do Castrodouro