Charles Alexander Eastman, nado como Hakadah (máis tarde coñecido como Ohíye S’a) o 19 de febreiro de 1858 e finado o 8 de xaneiro de 1939, foi un físico, escritor e reformador Santee Dakota educado na Universidade de Boston. A comezos do século XX, foi "un dos máis prolíficos autores e oradores da etno-historia sioux e dos asuntos nativos americanos."
Eastman tiña devanceiros Santee Dakota, ingleses e franceses. Despois de traballar como físico na reserva de Dacota do Sur, comezou e involucrarse cada vez máis na loita política pola defensa dos dereitos dos nativos americanos, traballando na mellora da xuventude e fundando a Young Men's Christian Association (YMCA). Tamén axudou a fundar os Boy Scouts of America. Está considerado o primeiro autor nativo americano en escribir a historia americana dende o punto de vista nativo americano.
Obras Memories of an Indian Boyhood, autobiography; McClure, Philips, 1902. Indian Boyhood, Nova York; McClure, Phillips & Co., 1902. Online at Webroots. Red Hunters and Animal People, lendas; Harper and Brothers, 1904. The Madness of Bald Eagle, legend; 1905. Old Indian Days, legends; McClure, 1907. Wigwam Evenings: Sioux Folk Tales Retold (co-author with his wife Ellen Goodale Eastman), legends; Little, Brown, 1909. Smoky Day's Wigwam Evenings (co-written with Ellen Goodale Eastman), 1910 The Soul of the Indian: An Interpretation, Houghton, 1911. Indian Child Life, nonfiction, Little, Brown, 1913. Indian Scout Talks: A Guide for Scouts and Campfire Girls, nonfiction, Little, Brown, 1914. (retitled Indian Scout Craft and Lore, Dover Publications). A 1914 reviewer writes, "If one should follow this guide, one would soon begin to doubt he is a white man". The Indian Today: The Past and Future of the Red American, Doubleday-Page, 1915. From the Deep Woods to Civilization: Chapters in the Autobiography of an Indian, autobiography; Little, Brown, 1916. Indian Heroes and Great Chieftains, Little, Brown, 1918. Also Online at Webroots.
Legado Cine No filme da HBO Enterrádeme o corazón en Wounded Knee (2007), Eastman é interpretado en diferentes idades polos actores Adam Beach e Chevez Ezaneh.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina en Findagrave.com Charles Eastman (Ohiyesa): ligazóns, bibliografía
Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Alumnos do Dartmouth College