Tecumseh, nado en marzo de 1768 e finado o 5 de outubro de 1813, foi un líder nativo americano dos shawnee e dunha gran confederación tribal (coñecida como Confederación de Tecumseh) que se opuxo ós Estados Unidos durante a Guerra de Tecumseh e se converteu en aliado dos británicos na Guerra de 1812.

Tecumseh medrou no territorio de Ohio durante a guerra de independencia dos Estados Unidos e na Guerra india do noroeste, onde estivo constantemente exposto á guerra. Cos americanos movéndose continuamente cara ao oeste logo de que os británicos cedesen o Val de ós Estados Unidos en 1783, os shawnee movéronse máis cara ao noroeste. En 1808, asentáronse en Prophetstown, na actual Indiana. Co obxectivo de estabelecerse nunha nación india independente ó leste do Mississippi baixo protección británica, Tecumseh traballou para recrutar tribos para a súa confederación dende o sur dos Estados Unidos.

Durante a Guerra de 1812, a confederación de Tecumseh aliouse cos británicos e axudaron a capturar Fort Detroit. Antes da batalla, Tecumseh fixo un famoso discruso nunha rocha que aínda se conserva en Fort Malden. Despois de que a mariña dos Estados Unidos tomase o control do Lago Erie en 1813, os nativos e os británicos tiveron que recuar. As forzas americanas capturárono na Batalla do Thames, e mataron a Tecumseh en outubro de 1813. Coa súa morte a confederación desintegrouse e os nativos tiveron que moverse de novo cara ao oeste, mais Tecumseh converteuse dende entón nun heroe icónico na historia indíxena, americana e canadense.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dowd, Gregory Evans. A Spirited Resistance: The North American Indian Struggle for Unity, 1745-1815. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 1992. ISBN 0-8018-4236-0 Drake, Benjamin. Life of Tecumseh and of His Brother the Prophet; With a Historical Sketch of the Shawanoe Indians. (Mount Vernon: Rose Press, 2008). Eckert, Allan. A Sorrow in Our Hearts: The Life of Tecumseh. Nova York: Bantam Books, 1992. ISBN 0-553-56174-X

Categoría:Nados en 1738 Categoría:Finados en 1813 Categoría:Líderes nativos americanos Categoría:Pobo shawnee