Odin é un observatorio espacial da Corporación Espacial Sueca lanzado o 20 de febreiro de 2001 mediante un foguete Start 1 desde Svobodny, en Rusia.
Características A misión de Odin é dobre: estudar, no rango do infravermello a atmosfera terrestre e obxectos astronómicos. O observatorio ten unha precisión de apuntado de 15 segundos de arco e unha capacidade de almacenamento a bordo de 100 MB. Como sensor utiliza un radiómetro crioxénico co que observar nas bandas de 118,25-119,25, 486,1-503,9 e 541,0-580,4 GHz cunha resolución de entre 0,1 e 1,0 MHz, utilizando tamén un espectrómetro óptico para facer medicións en bandas entre os 280 e 800 nanómetros e na banda de 1270 nm. Ambos sensores reciben a luz recollida por un telescopio de tipo gregoriano de 1,1 m de diámetro.
Os gases observados no medio interestelar coas capacidades de Odin son o ioduro de cloro, o vapor de auga, o sulfuro de hidróxeno, o amoníaco e algúns outros. Os gases observados na atmosfera terrestre, pola súa parte, son o monóxido de cloro, o óxido nitroso, o dióxido de nitróxeno, o peróxido de hidróxeno, o ácido nítrico e uns poucos máis.
Notas
Categoría:Observatorios espaciais