David Bruzos Higuero, nado en Ourense o 9 de xuño de 1979, é un químico e político galego.

Traxectoria miniatura|Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. Licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela (2002) e Posgraduado en Física Aplicada pola Universidade de Vigo (2010). Foi profesor de Física e Química no IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño. Na actualidade (2025) é profesor do IES As Lagoas, da cidade de Ourense.

Membro fundador de Saramaganta e vencellado ao colectivo Fuga en Rede, colaborou como voluntario internacional en Cisxordania. Participou no proceso constituínte de Ourense en Común e foi elixido para formar parte da candidatura de En Marea para as eleccións xerais de 2015 como cabeza de lista pola Provincia de Ourense.15 Foi elixido deputado, sendo a primeira vez desde Senén Bernárdez que un deputado ourensán pertence a un partido distinto do PPdeG ou o PSdeG.

Nas eleccións xerais de 2016, celebradas uns meses despois, xa non revalidou o escano.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Nados en Ourense Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados por En Marea Categoría:Nados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo