miniatura|Canlón nunha casa
Un canlón[Proposta do Servizo de Normalización Lingüística da USC. Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004], tamén chamado caleiro ou calexa, é un conduto aberto, de sección semicircular ou rectangular, que se emprega para recoller auga ou outros líquidos dun tellado, dunha vía pública ou doutro espazo abertoDefinición en Dicionario da Real Academia Galega A Coruña, RAG, 2012.
Adoita instalarse no bordo do beirado, na parte inferior dos tellados, aínda que tamén existe dende hai pouco o canlón lateral de pinche, que se instala en pinches ou zonas laterais para recoller a pingueira das tellas laterais ou remates.
O máis común ten unha sección en forma de "U", a xeito de media tubaxe, e colócase no beiril do tellado; dispóñense con lixeira pendente ou practicamente horizontais. Isto permite que a auga da choiva que recolle a cuberta escorregue por ese 'medio cano' á rede xeral.
Xeralmente, os canlóns fabrícanse en metal, PVC ou de cerámica, mais tamén existen noutros materiais.
Dispóñense nun sistema de tubaxes chamadas baixantes que canalizan a auga dende o canlón até a parte máis baixa do edificio; estas baixantes son xeralmente verticais. Adóitanse colocar unhas reixas na conexión do canlón coas baixantes, para que sirvan coma filtro de obxectos e evitar atoar os condutos, por exemplo, das follas das árbores. A auga recollida pode ser reutilizada para rega de campos e xardíns. Noutrora empregábanse coma auga potábel e, canalizadas, empozábanse en alxibes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Pequeña Arqueología Urbana (1) Historia das fundicións alacantinas que fabricaron canlóns con figuras de anxiños entre 1880 e 1930 .
Categoría:Elementos arquitectónicos