Oviedo é un municipio da República Dominicana, situado na provincia Pedernales. O seu nome é na honra do cronista de Indias Gonzalo Fernández de Oviedo y Valdés. É o municipio máis meridional de todo o país e tamén da illa da Española. En 2002 tiña 3.976 habitantes repartidos nunha superficie de 767,73 km². Tiña unha densidade de 5,2 hab./km², moi inferior á media do país.
Categoría:Cidades da República Dominicana