miniatura|dereita|Muxahidin afgáns en 1985. Muxahid, muxahidín ou muxahidinTransliteración conforme aos criterios globais da Wikipedia en galego. (na forma en plural), que vén do árabe المجاهدين, al-mujāhidīn, significa combatente, guerreiro ou loitador. É o termo co que se designa un combatente islámico fundamentalista involucrado nunha guerra ou en calquera outro conflito ou disputa, por exemplo a coñecida como Xihad. Foi habitual empregar esta denominación para os guerreiros afgáns de credo musulmán durante a guerra soviética en Afganistán, se ben pode referirse a outros combatentes en conflitos diversos. Así, por exemplo, en Bosnia os muxahidin eran os voluntarios internacionais musulmáns que combatían xunto as tropas musulmás locais nas guerras libradas entre 1991 e 1998.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xihad Radicalismo
Categoría:Islam