Wesley Earl "Wes" Craven, nado en Cleveland (Ohio) o 2 de agosto de 1939 e finado nos Ánxeles o 30 de agosto de 2015 foi un director, guionista, produtor e actor estadounidense, coñecido especialmente polos seus filmes de terror.
Traxectoria Craven naceu en Cleveland, fillo de Caroline (Miller) e Paul Eugene Craven,Biografía (1939–) en filmreference.com nunha familia baptista estrita.The Horror of Being Wes Craven Graduouse en Filosofía e Escritura na Universidade Johns Hopkins.Muir, John Kenneth (1998). Wes Craven: The Art of Horror. Jefferson, South Carolina: McFarland & Co. ISBN 0-7864-0576-7. pp. 8–9.
Traballou como profesor de inglés e de humanidades, mentres comezaba a facer curtametraxes de 16 mm. Mudouse a Manhattan para traballar nunha compañía de posprodución e alí conseguiu o seu primeiro traballo no cinema como montador de son.
Abandonou definitivamente o mundo académico para traballar como director de filmes pornográficos. O seu primeiro filme como director de longametraxes foi The Last House on the Left, estreado en 1972.
O seu filme máis coñecido foi A Nightmare on Elm Street (1984), que lanzou a carreira do actor Johnny Depp.
A pesar de ser coñecido especialmente polos seus filmes de terror ou suspense, traballou en dous filmes alleos ao xénero, Music of the Heart (1999) e Paris, je t'aime (2006).
Faleceu de cancro o 30 de agosto de 2015.
Filmografía Ano Filme Director Produtor(Executivo) Guionista Director de fotografía Montador Actor Personaxe Notas1971Together1972The Last House on the Left1977The Hills Have Eyes1978Stranger in Our HouseTelefilmeThe Evolution of SnuffHere Come the Tigers1981Deadly BlessingKent StateTelefilme1982A cousa do pantano1984Invitation to HellTelefilmeA Nightmare on Elm Street1985ChillerTelefilmeThe Hills Have Eyes Part IIThe Twilight ZoneSerie de televisión, 5 episodios1986Deadly FriendCasebustersEpisodio da serie Disneyland1987A Nightmare on Elm Street 3: Dream Warriors1988The Serpent and the Rainbow1989The People Next DoorSerie de televisión, cocreadorShockerVeciño1990Night VisionsTelefilme1991The People Under the Stairs1992Nightmare CafeSerie de televisión1993Laurel CanyonBody BagsHome no garaxeCameo1994Wes Craven's New NightmareEl mesmo1995Vampire in BrooklynThe Hills Have Eyes IIItamén coñecido como Mind RipperThe FearDr. Arnold1996Scream, vixía quen chama"Fred"Cameo1997Scream 2DoctorWishmaster1998HollyweirdTelefilmeDon't Look DownCarnival of Souls1999Music of the Heart2000Scream 3TuristaCameoDracula 20002001Jay and Silent Bob Strike BackEl mesmoCameo2002They Shoot Divas, Don't They?TelefilmeThey2003Dracula II: Ascension2004Tales from the CrapperEl mesmoThe Cutting Edge: The Magic of Movie Editing2005Dracula III: LegacyCursedInside Deep ThroatHimselfFeastVoo nocturno2006PulseRemakeThe Hills Have EyesThe BreedParis, je t'aimeVítima do vampiroSegmento: Père-Lachaise2007The Hills Have Eyes 2RemakeThe TripperHippy con chapeu altoCameo2008Diary of the DeadVoz na radio2009The Last House on the LeftRemake2010My Soul to Take2011Scream 4Forense en RandallsCameoEscena eliminada2013CastleEl mesmoCameoEpisodio: "Scared to Death"2015Scream (serie de televisión)Produtor executivoTempada 1.ª
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Entrevista a Wes Craven
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Cleveland, Ohio Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Finados por tumor cerebral