Heads Up é un EP da banda canadense Death from Above 1979, publicado o 15 de decembro de 2002 a través do selo Ache Records. Trátase da gravación de estrea do grupo e está formado por seis temas. Posteriormente foi reeditado debido ao éxito do primeiro álbum da banda, You're a Woman, I'm a Machine. O lanzamento inicial estivo formado por 1.004 copias, e a reedición por 2.000.

No tempo da edición deste EP a banda era coñecida como Death From Above, pero tras a edición do seu primeiro disco, DFA Records envioulles unha carta pedíndolles que cambiasen o nome.

Listaxe de cancións

Categoría:EPs musicais de 2002 Categoría:EPs de Death from Above 1979