Unha consoante oclusiva é un tipo de consoante na que se produce un peche total do paso do aire por xuntar dous órganos durante un breve período de tempo, relaxando o xesto a continuación para provocar a súa saída dunha forma brusca, existente en tódalas linguas do mundo.
En galego hai os seguintes fonemas oclusivos:
/p/: oclusiva bilabial xorda /b/: oclusiva bilabial sonora /t/: oclusiva dental xorda /d/: oclusiva dental sonora /k/: oclusiva velar xorda /ɡ/: oclusiva velar sonora
Véxase tamén Bibliografía Martínez Celdrán, E. (2002): O son na comunicación humana. Vigo, Ed. Galaxia.
Categoría:Consoantes Categoría:Fonética