O Reino de Essex (Ēst Seaxna, "saxóns orientais"), un do sete reinos tradicionais da chamada Heptarquía Anglosaxoa, foi fundado ao redor de 600 e cubría o territorio actualmente ocupado polos condados de Essex, Hertfordshire e Middlesex. O primeiro documento histórico sobre o reino remóntase á Historia Eclesiástica de Beda, que reflicte a chegada do bispo Melito a Londres en 604.

Orixes do Reino de Essex O Reino de Essex produce relativamente poucos "Diplomas" anglosaxóns en comparación cos seus veciños e non hai unha versión da Crónica anglosaxoa (ASC) sobre Essex. Como resultado, a historia do reino e da súa orixe permanece relativamente escura. A lenda (creada no século X), atribúe a fundación de Essex a Æscwine que aparece por primeira vez nunha xenealoxía orixinal de Wessex de finais do século IX que se conserva en Londres, Esta información é ampliada por escritores dos séculos XII e XIII como Henrique de Huntingdon (Historia Anglorum), Roger de Wendover (Flores Historiarum) e Mateu de París (Chronica Majora).British Libary, Add.Nela dise que era pai do rei Sledd e á súa vez fillo de Offa, fillo de Bedca, fillo de Sigefugl, fillo de Swæppa, fillo de Antsecg, fillo de Gesecg, fillo de Seaxnet (o lendario fundador do pobo saxón) Wendover e París chámano Erkenwine e datan a fundación do reino no 527 e o seu reinado durou até o 587, cando morre e é sucedido polo seu fillo Sledd. A lonxitude do reinado (60 anos) e o propio nome, o único dos reis de Essex que non comeza por S, fan sospeitar que Æscwine é un personaxe lendario, analogamente aos Hengest e Horsa de Kent, Ælle e Cissa de Sussex ou Cerdic de Wessex.

As escavacións arqueolóxicas en diversos lugares de Essex (Mucking ou Prittlewell, por exemplo) demostran que xa había presenza saxoa a principios do século V e que a imaxe dunha invasión violenta de Britania está bastante afastada da realidade. Os saxóns primeiro como federados e máis tarde como colonos, chegaron a Essex desde finais do século IV, e foron asimilados facilmente pola poboación britanorromana. Os primeiros asentamentos producíronse na desembocadura de Támese, e nas zonas ao redor de Londinium. Os saxóns que foron asentándose cara ao leste, ao longo da vía romana entre Londinium e Camulodunum, foron coñecidos como estseaxni (saxóns orientais) e estaban formados por diversos grupos tribais cos seus propios líderes e estruturas políticas. Destes grupos énos coñecido algúns dos seus nomes, de cuxas denominacións sairían posteriormente as das provincias ou distritos do futuro reino: Berecingas.- Situados nas marismas próximas a Berecing (Barking), no estuario do Támese. Vangeringas.- Ao leste dos anteriores na zona do Vange, marisma en torno ao Mardyke. Uppingas.- Establecidos no actual Bosque de Epping ao norte dos grupos anteriores. Hæferingas.- Ao leste dos uppingas, sobre a vía romana ao redor de Hæferig (Havering). Gegingas.- Ao norte da vía, preto de Ceneboltuna, a actual Chelmsford. Hrothingas ou Rodingas.- Ao oeste dos anteriores, nas actuais aldeas que levan o seu nome, The Rodings. Daenningas.- Ocupaban as penínsulas orientais, entre os estuarios do Blackwater e o Roach, dan o seu nome á península de Dengie. Tundiringas.- Na actual península de Tendring, que toma ese nome porque os seus colonizadores proviñan de Tundirium, na Baixa Saxonia. Na segunda metade do século VI, Kent, o veciño sur dos saxóns orientais levara a cabo a súa unificación, cambiando a tradicional estrutura política xermánica de clans rexidos por un xefe electivo en asemblea popular (folkmoot ou folkmote), á dunha monarquía semihereditaria aconsellada por unha asemblea de nobres ou homes ilustres (witenagemot ou witan). Aethelberht de Kent, en cuxo código de leis se preserva a primeira referencia escrita a un witan, dominaba como señor superior a maioría dos territorios dos saxóns orientais. Aethelberht sería o catalizador para a formación dun Essex unificado. É lóxico supor que non fose fortuíta a elección de Sledda, o seu cuñado e esposo da súa irmá Ricula, como primeiro rei dos saxóns orientais, cuxo reino estaría supeditado ao do propio Aethelberht en Kent.

Xeografía O antigo reino de Essex estendíase polos condados históricos de Essex, Middlesex, Londres e o sur de Hertfordshire, na división actual abarcaría 22 dos 32 municipios do Gran Londres, ademais de todo Essex e parte de Hertfordshire. Ao leste limitábase co Mar do Norte e a fronteira norte, con Anglia Oriental, facíaa o río Stour tal como actualmente marca a fronteira entre Essex e Suffolk. Tamén a fronteira sur do reino permanece inalterada até hoxe, sendo o río Támese o que marca o límite entre Essex e os territorios de Surrey e Kent. A fronteira oeste foi a máis variábel ao longo do tempo, aínda que Essex nun principio controlaba Middlesex, parte de Surrey e mesmo chegou a controlar o sub-reino de Kent Occidental, cara ao 730 pérdese definitivamente o control sobre Londres e a súa rexión que pasa mans de Aethelbald de Mercia. Igualmente pérdense os territorios ao oeste do río Lea. miniatura|300px|Mapa do Reino de Essex e Middlesex. O relevo de Essex é suave cunha cadea de outeiros de non máis de 100 metros no norte e oeste que baixa en dirección do mar, a maior parte do territorio atópase no que hoxe coñecemos como conca sedimentaria de Londres. Na zona sur e elste atopábanse abundantes marismas nos estuarios dos ríos e na recortada costa do Mar do Norte. De norte a sur estaba o estuario do Stour e o Orwell, e entre leste e o estuario do Colne e o Blackwater atopábase a península de Tundiring (Tendring), nela o cabo de Nasse (The Naze) era o extremo máis oriental de Essex, e pechaba as marismas de Hamford Water. Tamén en Tendring atopábase o distrito de Eadulesvanessa (The Sokens), que no século X recibiron os seus habitantes uns privilexios outorgados polo rei Athlestan. No gran estuario de Colne-Blackwater esta a illa de Meresai (Mersea) que estaba habitada no período saxón. Ao sur a península de Daenenge (Dengie), partida polo estuario do río Crouch onde se atopaban as meirandes zonas húmidas coas illas de Foulganaessa (Foulness), Wallasea, Potton e Rushley que formaban un intricado conxunto de marismas, pantanos e zonas húmidas deshabitados. Ao sur finalmente abríase o gran estuario do Támese, e nas súas ribeiras establecéronse os primeiros e máis populosos asentamentos saxóns, desde Wacheling (Wakering) até Berecing (Barking), e tamén se atopaba a illa de Caningaege (Canvey), habitada polos saxóns e na que introduciron a gandaría ovina. Penetrando polo Támese cara ao interior de Britania, entre Canvey e as zonas húmidas do Mardyke atopábase a península de Vange, a terra dos Vangeringas e máis ao interior nas confluencias do Roding e o Lea co Támese, as marismas de Berecing que chegaban até Lundewic (Londres).

Os outeiros do Norte e o oeste son formacións de creta branca de baixa altura, as máis prominentes son as do oeste, coñecidas como The Chilterns ou Chiltern Hills. As zonas ao oeste da vía romana eran abundantes en bosques, da extensa masa boscosa de Essex está hoxe moi diminuída aínda se preservan zonas como o Bosque de Epping, o Bosque de Hainault e o Bosque de Hatfield. De oeste a leste os principais ríos eran os afluentes do Támese o Colne (que facía de fronteira occidental), o Lea (separaba Middlesex de Essex propiamente dito), e o Roding. E os que desembocaban no Mar do Norte, Cough, Chelmer, Blackwater, Colne e Rother.

Poboación e localidades Os saxóns vivían, polo xeral, en pequenas aldeas diseminadas ao redor doutras un pouco máis grandes que facían de mercado situadas preto de ríos ou cruces de camiños, nin tan sequera habitaron con frecuencia as cidades romanas preexistentes, máis nada que para asentar nela algunha gornición militar aproveitando as súas murallas.Roman Britain and English Settlements, R. G. Collingwood,John Nowell Linton Myres. Por iso en Essex as cidades son raras, a pesar de que no seu territorio estiveron dúas das cidades romanas máis populosas, Londinium (Londres) e Camulodunum (Colchester). Tampouco Essex foi un reino moi populoso, no Tribal HidageSistema de organización tributaria anglosajona. do reino de Mercia, atribúense a Essex só 7.000 hides, os mesmos que aos reinos de Sussex, Lindsey, Magonsaete ou Hwicce, e moi por baixo dos 15.000 de Kent, os 30.000 da Anglia Oriental ou Mercia, e os 100.000 de Wessex.

Londinium, que na época imperial chegou a ter preto de trinta mil habitantes, fora declinando no baixo imperio e coa chegada dos saxóns no século V gran parte da cidade estaba deshabitada e os seus edificios maioritariamente en ruínasLiving In Roman London. A cidade romana, situada no que hoxe é a City de Londres, non foi utilizada polos saxóns, nas que só mantiveron unha fortaleza militar coñecida como Lundenburh, da palabra saxoa burh, castelo, fortificación. Con todo fixeron un novo asentamento 2 km ao oeste, no que hoxe é o Strand e Covent Garden que chamaron Lundenwic, da palabra saxoa wic, mercado, posto mercantil. Non parece con todo que Lundenburh fose totalmente abandonada, xa que cando se establece o Bispado de Londres no 604, toma a súa sede na igrexa de San Paulo situada dentro da muralla. Co dominio merciano de Middlesex, a cidade recuperou aos poucos a súa actividade da época romana xa que se converteu no principal porto do Reino de Mercia.

Algo parecido ocorre con Camulodunum, considerada a cidade máis antiga de Inglaterra, a capital tribal dos trinovantes e máis tarde a próspera Colonia Claudia Victricensis, foi abandonada ao longo do século V, os saxóns usaron as súas murallas para establecer o posto militar de Colnecaestre (do que deriva o seu actual nome de Colchester) e posibelmente o centro comercial do val do Colne. Máis escura é a historia de Chelmsford, a Caesaromagus romana, segundo algúns autores foi o errado intento dunha cidade planificada para ser capital de Britania en substitución de Londinium como parece indicar o seu prefixo Cesar-, os edificios que se chegaron a construír foron a base para un posto militar saxón no paso do río Chelmer, de onde provén o seu nome de Chelmerboltun (vila do paso do Chelmer) ou tamén de Ceolmaer's ford (o forte dalgún caudillo chamado Ceolmaer). Wæclingacaester, a romana Verulamium e a actual St Albans, con todo si tivo unha ocupación continua no tempo, situada nun estratéxico cruzamento de vías romanas, xa a finais do século V era sede dun mosteiro, pero o seu verdadeiro crecemento dáse durante o dominio de Mercia, cando Offa funda a abadía de St. Albans no 793. Tamén de fundación romana é Ythanceaster (Othona, Brandwell-on-Sea), unha fortificación pertencente ao litus saxonicum, dentro das súas murallas foi fundado un mosteiro no 654. Outros lugares de certa importancia foron os portos de Herewic (Harwich), no estuario do Rother e de situación privilexiada para o comercio con Anglia Oriental, Maeldun (Maldon), porto no estuario do Blackwater e principal saída ao mar do territorio dos Daenningas.

As escavacións arqueolóxicas iniciadas no século XX na zona sur do reino, como a aldea de Mucingae (Mucking), a cabana de Chadwell-St-Mary, ou a tumba real de Pritevelae (Prittlewell), dannos unha idea da vida e costumes de Essex durante o período anglosaxón, na zona que perece ser, constituía o corazón do reino. As penínsulas costeiras, cos seus bos prados e pasteiros, para a gandaría e a agricultura; e os bosques do oeste coas súas aldeas dedicadas á silvicultura e a caza.

Historia

Século VI. Dominio de Kent A colonozación saxoa de Essex deuse pacificamente ao longo de todo o século VI, o territorio despoboado ao longo dos séculos IV e V era un bo lugar, cos seus bosques e marismas, para o tipo de asentamento ao que estaban afeitos os clans saxóns e non supuxo loitas nin anfrentamientos cos poucos habitantes britanos que puidesen quedar na zona.