O State Farm Arena é un pavillón polideportivo cuberto situado na cidade de Atlanta (Xeorxia, Estados Unidos). Actualmente, é sede do equipos de baloncesto Atlanta Dream (WNBA) e Atlanta Hawks (NBA). Tamén albergou os partidos de hóckey sobre xeo dos Atlanta Thrashers da NHL entre 1999 e 2011, ano no que o equipo se converteu nos Winnipeg Jets, mudando de cidade. Ten capacidade para 18.047 espectadores, a cal pode variar en función do espectáculo acollido. Foi inaugurado o 18 de setembro de 1999.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do State Farm Arena
Categoría:Pavillóns da NBA Categoría:Atlanta Hawks Categoría:Pavillóns de baloncesto dos Estados Unidos de América