Manuel Vidán Torreira, nado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1924 e finado na Coruña o 29 de xullo de 2019, foi un filólogo e historiador galego.
Traxectoria miniatura|La Saudade, Galaxia, 1953, inclúe artigos en galego e castelán de Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell, Lois Tobío Fernández, Xoán Rof Carballo, Francisco Elías de Tejada, Xesús Alonso Montero, Manuel Vidán e Francisco Fernández del Riego. Catedrático de latín de ensino medio. Formou un grupo con outros mozos do seu tempo como Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lugrís, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Baldomero Cores ou Francisco Otero Guldrís, que deu orixe á Xeración das Festas Minervais. Colaborou na tradución ao galego da Biblia e traduciu textos de Platón. Publicou traballos académicos e de investigación sobre a historia da lingua galega. Colaborou en La Voz de Galicia nas seccións "A nosa fala" e "Verbalia". Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas "«Non teño dúbida de que a miña interpretación é correcta», di Vidán", La Voz de Galicia, 11 de novembro de 2005.
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1924 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2019 Categoría:Profesores de educación secundaria